miércoles, 29 de enero de 2020

Benvida Curicuxa!!

Que ilusión!!! A mascota de nosa Biblioteca, Curicuxa,  acaba de tomar forma, da man de Nerea e da súa familia. Encantounos cando a vimos entrar polo corredor. Agora xa temos a nosa mensaxeira para que poida contarlle as nenas e nenos tódalas novas da Biblioteca. 

Benvida Curicuxa!!! 
Moitas grazas familia!!!

lunes, 27 de enero de 2020

OBRADOIROS DE NADAL

Este foi un Nadal moi ecolóxico👍. As nenas e nenos do colexio utilizamos materiais de refugallo para facer as decoracións, e ademais pintamos unhas bolsas de tecido para agasallar ás nosas familias. Dese xeito, xa non terán que utilizar as bolsas de plástico para ir de compras. O noso lema foi: 
🎄
No 
Nadal
reduce
recicla
reutiliza
reACCIONa!!

LECTURAS DOS PADRIÑOS LECTORES DA PAZ

Neste mes de xaneiro as nosas madriñas e padriños viñeron cargados cunha morea de libros relacionados co día da PAZ que en breve festexaremos.
Nesta ocasión foron @s alumn@s de 3º e 4º @s que con moita ilusión leron una chea de contos e historias aos peques de 3 e 5 anos.


EN FEBREIRO, CO ENTROIDO, VOLVEREMOS CON MÁIS PADRIÑOS LECTORES!!!!!
ATA PRONTO!!!

viernes, 17 de enero de 2020

Coreografía Día da Paz 2020

Aquí tedes a coreografía deste Día da Paz, cortesía do alumnado de 5º de primaria. Agora a practicar!!