O alumnado de 3º de primaria estivemos traballando en Ciencias
Naturais “A alimentación”. Para afondar
máis no tema fixemos unha merenda moi saudable onde puidemos probar froitas que
non coñecíamos como a feixoa, o mango, a
granada, a papaia... entre outras.
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con poesías. Todo o alumnado do centro creou uns poemas e puxémolos en común, acompañándonos con música.
Por fin chegaron de novo as madriñas e os padriños lectores e viñeron cargados de contos de bruxas, monstruos, cabazas.... unha morea de libros de samaín para pasar un bo anaco cos máis pequenos do cole. Aquí vos deixamos un resumo destas xornadas adicadas aos PADRIÑOS LECTORES DO SAMAÍN.
O alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha andaina polo bosque no que ademais de camiñar, disfrutar da nosa natureza, aprender moitas cousas practicamos a escultura e tamén algo sobre cine con emoción.