jueves, 23 de noviembre de 2023

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración da data na que foron asasinadas, en 1960,as tres irmás *Mirabal \(Patria, *Minerva e María Teresa\), na República Dominicana.

Este ano no colexio decidimos unirnos ao proxecto "Zapatos vermellos",da artista mexicana Elina Chauvet. O venres 24 de novembro encheremos a praza da nosa vila de zapatillas deportivas vermellas co lema é "A nosa meta é cero vítimas", relacionando a conmemoración coa temática do noso PDI.

 

 
 

 
 
 
 
Aquí podedes atopar algún material e recursos para traballar na aula. 
 
Vídeo do conto  

Curtametraxe "No es normal".

a






lunes, 20 de noviembre de 2023

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

No Día Mundial da Infancia celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Cando se celebra o Día Mundial da Infancia?

Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que o asinaron.

O obxectivo do Día do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Que se celebra?

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día a fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Mundial da Infancia en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Para que serve o Día Mundial da Infancia?

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nazan.

Dedicar un día mundial á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que as nenos e nenos teñan un futuro mellor.

(Web de UNICEF)

 

lunes, 6 de noviembre de 2023

O MAGOSTO NO COLE


 Chega o magosto, unha festa tradicional da nosa terra, que ten unha protagonista "estrela"... a castaña!

Celebrámolo no outono, e este ano teremos no cole moitas actividades, xogos, cantigas, poemas, adiviñas, e moito máis, para coñecer mellor esta festa, e tamen para vivila coas compañeiras, compañeiros e o profesorado. 

Asaremos castañas, e teremos a dúas castañeiras moi especiais que virán repartilas entre o alumnado. Será unha sorpresa!

Ímolo pasar moi, moi ben!


RECURSOS PARA O MAGOSTO

Se premedes na seguinte imaxe teredes acceso a un cartafol compartido con recursos e materiais para traballar no Magosto.