domingo, 19 de diciembre de 2021

CURICUXA DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS, CHEAS DE DIVERSIÓN E LECTURA!!

Xa rematou o primeiro trimestre!!!  😀 E agora imos comezar unhas ben merecidas vacacións de Nadal 🎄, para gozar coas nosas familias e amizades. Teremos tempo de durmir un pouquiño máis polas mañás, de dar paseos ben abrigadiñ@s, de xogar cos agasallos que nos traia o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos, de probar os doces navideños, de decorar as nosas casas... en fin, de pasalo moi ben!! Con moita prudencia, xa sabedes, porque temos que coidarnos e protexernos, a nós e aos demais.

A vosa amiga Curicuxa quérevos lembrar que, aínda que non poidades ir á biblioteca do cole nestes días, debedes adicarlle tempo á lectura📖, cada día un pouquiño. Por iso vos quere recomendar algúns libros, xa sabedes que Curicuxa é  unha experta lectora e estivo escollendo algún  dos títulos máis divertidos e entretidos da literatura infantil e xuvenil.

Tomade nota,  seguro que vos van encantar!!

BOAS FESTAS E FELIZ 2022!!






miércoles, 8 de diciembre de 2021

25N: SEGUIMOS CIRCULANDO POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


 Para dar visibilidade a un tema tan grave e actual como é a violencia de xénero, as nenas, nenos e mestrxs do Cordo Boullosa saímos ás rúas da nos vila para manifestarnos en contra desta lacra, conmemorando o 25N.

Fixemos unhas sinais de tráfico que deixamos colocadas deseñando un roteiro pola vila, na área máis achegada ao colexio, e percorrémolo en pequenos grupos. 

Queremos agradecer ao Concello a súa colaboración,  xa que puidemos usar a megafonía para acompañar o noso percorrido con música en contra da violencia de xénero, así como a Asociación de Comerciantes de Ponte Caldelas, por distribuir e colocar os nosos carteis nos diferentes comercios da vila.

PDI: "CURINVENTOS E OUTROS EXPERIMENTOS"

 Neste curso 2021-2022 o tema do PDI é "Curinventos e outros experimentos", no cal están a desenvolverse diferentes actividades relacionadas coa Ciencia, a través de distintos inventos, inventoras e inventores; ademais lévanse a cabo distintos experimentos. 

E para dar inicio ao proxecto, a nosa mascota Curicuxa organizou unha exposición con varios inventos, obxectos antigos, e outros materiais que xa forman parte do noso pasado. Algúns moi curiosos e divertidos, que serviron de motivación para que o alumnado investigara e se interesara polo tema.

O carteiro de Ponte Caldelas tróuxonos as invitacións que Curicuxa enviou por correo.

INVITACIÓN DE CURICUXA E VISITA Á EXPOSICIÓN DE INVENTOS E OBXECTOS ANTIGOS



EXPERIMENTAMOS!!

lunes, 15 de noviembre de 2021

Vídeos do alumnado co gallo do Magosto

 

Montaxe dos vídeos de infantil e primeiro e segundo de primaria coa canción "Unha, dúas, tres castañas" de Susa Herrera


Montaxe dos vídeos de terceiro e cuarto de primaria coa canción "O Rap do Magosto" de Paco Nogueira.




Montaxe dos vídeos de quinto e sexto de primaria coa canción "Canción do Magosto" de 13 Lúas.










martes, 2 de noviembre de 2021

Mensaxe de Curicuxa sobre o Magosto

 Ola a todos e todas.

Aquí tedes unha mensaxe de Curicuxa para o magosto.



Para infantil, 1º e 2º curso de primaria teredes que bailar esta canción de 
Susa Herrera "Tres Castañas polo chan": 

Para 3º e 4º curso de primaria será a de Pako Nogueiras " O Rap do Magosto":

Para 5º e 6º curso de primaria a canción de Trece Lúas " Canción do Magosto".

Lembrade mandar o vídeo ao whatsapp do cole: 679 88 73 99

sábado, 23 de octubre de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

 O 24 de outubro celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, e para iso as nenas e nenos do Cordo fixemos unha actividade que queremos compartir con vós.

 Encántanos a lectura, porque nos permite coñecer, aprender,  viaxar,  vivir aventuras, descubrir... e moitas cousas máis. Así que elaboramos un gran mural no que aparece a nosa querida mascota, Curicuxa, con moitos paxariños que lle saen da cabeza. Eses paxariños representan todo o que os libros e contos sementan en nós, para que pouco a pouco vaian nacendo gromos nas nosas mentes e corazóns. Gromos de sabedoría e curiosidade que nos abren  novos e fascinantes mundos. Mundos onde os libros son importantes piares baixo os nosos pés, coma podedes ver nas imaxes de Curicuxa. 

Agardamos que vos gusten, xa que nós gozamos ao facelos. 



CURICUXA QUERE DARVOS A BENVIDA

sábado, 12 de junio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Visita de Mónica de Nut

Dentro das actividades organizadas para homenaxear a nosa lingua, e a Xela Arias, autora á quen se lle adicou o Día das Letras Galegas 20212, tivemos a visita de Mónica de Nut. Mónica, ademais de ser unha gran cantante, é a nai dunha das nosas alumnas de Educación Infantil, Lauriña. E como nos encanta que as familias participen nas actividades da nosa escola, convidámola a vir á escola e ela ofreceunos a súa voz e a súa simpatía. Pasámolo xenial!!! Grazas, Mónica.

viernes, 21 de mayo de 2021

17 de maio. Día das Letras Galegas: Xela Arias

 Xela Arias

 

No "Día das letras galegas" este ano a homenaxeada foi a poeta, profesora e traductora Xela Arias.

Dende o CEIP Manuel Cordo Boullosa rendémoslle a nosa homenaxe investigando e aprendendo sobre a súa biografía.

O alumnado de 6º recolleu os diferentes traballos do alumnado levando a cabo unha labor periodística.

Este é o resultado!!!

 

Podedes acceder pinchando no seguinte enlace:

Xela Arias. CEIP Manuel Cordo Boullosa 

 

 Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares