Nesta semana, o día 8 de marzo celebraremos o "Día internacional da muller traballadora". Curicuxa estivo buscando información para compartila con vós. Quere que saibades e entendades por que é tan importante non esquecer esta celebración, e seguir dando pasos pola igualdade entre mulleres e homes, nenas e nenos.
Sabedes por que se celebra o "Día internacional da muller traballadora" nesta data???
Pois mirade este
vídeo.
Curicuxa convídavos a ver este vídeo e reflexionar. Que pensades?
Este vídeo dá moito que pensar. Curicuxa ten a esperanza de que nenas e nenos formedes un gran equipo para construír un mundo mellor e máis xusto no futuro.
CONTOS E LIBROS PARA O 8M
YO, VOY CONMIGO
DANIELA PIRATA
EL PRÍNCIPE CENICIENTO
As nenas, nenos e profesorado do cole celebramos o Entroido con moitas ganas. Primeiro, lemos unhas coplas nas que lle pedimos á nosa mascota Curicuxa que, coa axuda da súa máquina destrutora, puidera facer desaparecer do mundo: o maltrato animal, o racismo, o machismo, a violencia, o egoismo, as guerras ... Aínda que somos nenas e nenos e cremos na maxia da nosa mascota, sabemos que é moi difícil que a máquina de Curicuxa poida desfacerse de todo iso, pero esforzarémonos por convertirnos en boas persoas no futuro, e quizais poidamos mudar as cousas... Ogallá!!!
E, para rematar, fixemos un baile moi divertido (co fantástico coreógrafo, Chito) para espallar a nosa ledicia ata máis aló da vila de Ponte Caldelas.
No Cordo celebramos este ano a Paz , formando unha pomba da paz e a palabra paz xigantes!
E tamén lemos un manifesto sobre a Paz e bailamos para celebrar este día tan importante!