viernes, 30 de enero de 2026

O DÍA DA PAZ

 Hoxe 30 de xaneiro conmemoramos no cole o DÍA DA PAZ e da NON VIOLENCIA; non podiamos esquecernos desta data tan significativa e de valorar todo o que conleva a palabra PAZ, por iso foron varias as actividades que realizamos, entre elas esta estupenda colaboración na nosa radio dos peques de 5ºA de infantil.

Agardamos que vos guste o marabilloso traballo que vos amosamos a continuación!!!

https://www.ivoox.com/player_ej_167292425_6_1.html?c1=54acec%22


lunes, 19 de enero de 2026

OBRADOIROS - A NOSA RADIO

 Como ben sabedes, neste curso seguimos cos nosos obradoiros e non podía faltar neles o obradoiro de radio que tanto gusta entre o alumnado. Moito esforzo e moito traballo ao longo de todo o trimestre deron como resultado uns pequenos programas de radio realizados polo alumnado de 4º, 5º e 6º  que vos amosamos a continuación, agardamos que vos gusten tanto como a nós.

Un saudiño!!


lunes, 12 de enero de 2026

FORMACIÓN E-LBE.2

E-LBE.2 é unha plataforma de lectura e préstamo dixital para centros incluidos en Plambe (plan de mellora de bibliotecas escolares). Esta plataforma ten como obxectivo principal ampliar as experiencias en relación á lectura de toda a comunidade educativa a través da lectura dixital. O Cordo é un dos centros que pertencemos dende fai xa varios anos a PLAMBE e queremos dar a coñecer esta ferramenta.

A través deste tríptico queremos facer chegar unha primeira toma de contacto coa plataforma a toda a nosa comunidade educativa coa que realizaremos ademais no vindeiro trimestre unha breve formación.