miércoles, 26 de octubre de 2022

O SAMAÍN... XA ESTÁ AQUÍ!!


Uiiii, que medo!!! Chegou "Curibruxa" anunciando o SAMAÍN... e convidounos a unha festa de medoooo!!! Tedes xa os disfraces preparados? Seguro que si, e se non vos gusta disfrazarvos, non pasa nada... o importante é divertirse terrorificamente!!

Como este ano somos "Un cole de película", Curicuxa estivo á procura de curtametraxes de medo, para compartilos con vós. Aquí tedes as súas aterradoras recomendacións....

🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

lunes, 24 de octubre de 2022

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Para celebrar o Día das Bibliotecas, a nosa mascota, Curicuxa, quere presentarnos a catro escritoras moi importantes na literatura Infantil e Xuvenil, cuxas creacións foron levadas ao cine.

Animádevos a ir á Biblioteca coas vosas titoras e titores para buscar as obras das que vos fala Curicuxa nesta presentación. E tamén vos invitamos a que vexades as películas coas vosas familias. 

Feliz Día das Bibliotecas

martes, 18 de octubre de 2022

NO COLE CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS

 

 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

 
"Houbo unha vez unha guerra.
       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012) 


Para conmemorar un día tan  importante coma hoxe,  elaboramos este cartel onde aparecen algunhas das escritoras máis recoñecidas dentro da literatura infantil e xuvenil.
 
 

COMEZAMOS O CURSO 2022-2023

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2022-2023!!

 

 

 


Este ano imos ter un curso "de película"!!

Se queredes ver o primeiro día de cole, premede na miña imaxe.