martes, 26 de noviembre de 2019

AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA

Como fase de motivación para o PDI deste curso 19/20, animámonos a decorar as nosas biblios de aula e quedaron así de ben!!!! Xa estamos preparados para aprender un montón de cousas!!!!

BIBLIOS DE AULA 19/20 from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

PADRIÑOS LECTORES NO SAMAÍN

A semana pasada, ademáis de participar nun roteiro de probas terroríficas, de desfrutar nunha estupenda  festa de disfraces e de degustar un montón de sobremesas de outono, tamén adicamos algúns días aos nosos padriños e madriñas lectoras que visitaron aos peques de infantil cargados de contos de bruxas, pantasmas, cabazas... e moitos máis elementos do samaín.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo.

 

domingo, 3 de noviembre de 2019

ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE XOSÉ NEIRA VILAS


A Fundación "Neira Vilas" propón como día de Xosé Neira Vilas o día 3 de novembro, data do seu nacemento.
A Biblioteca "Xosé Neira Vilas" do Colexio do Foxo súmase a esta proposta e co obxectivo de lograr a implicación das familias, convidámolas  a que participen nunha lectura colectiva de obras deste insigne persoeiro. Este acto terá lugarna Biblioteca o día 4 de outubro ás 16.00 h.