CLUB DE CIENCIA



Ola! 

Son Curicuxa, a mascota da Biblioteca. Este ano teño mooooitos proxectos para ofrecervos ás nenas e nenos do cole.

Imos comezar co Club de Ciencia, a que vos parece moi interesante?

Pois unha vez ao mes teremos un obradoiro de  Ciencia, e realizaremos experimentos fantásticos  sobre as propiedades da materia, a física,  as reaccións químicas  e moitas cousas máis. 

Isto vaivos facer pensar, reflexionar, facer hipóteses,  sacar conclusións, ter moitas preguntas e tamén moitas dúbidas, que son o principal motor da aprendizaxe. E ademais seguro, segurísimo que o ides pasar moi ben coas compañeiras e compañeiros. Xuntarédesvos alumnado de tódolos cursos. Xenial!!

 


COMEZAMOS!!! 

 

DIARIO CIENTÍFICO DE CURICUXA

20 outubro 2023

O primeiro grupo de "científic@s" xa pasou polo laboratorio  para facer os primeiros experimentos máxicos. 

FOI UN ÉXITO TOTAL!!! 

As nenas e nenos que participaron fixeron un gran traballo, preparando os experimentos, axudando co material, colaborando co seu equipo, e sobre todo descubrindo a maxia da ciencia.  Desta vez deu tempo a facer dous experimentos, pero teño moitos máis preparados. 

Non podedes perdelos. 

Estes son os dous experiementos que fixemos
  

Aquí tedes algunhas fotiños do obradoiro.