domingo, 21 de abril de 2019

As nenas e nenos de 1° visitan o Salón do Libro de Pontevedra

Un ano máis a nosa escola participa no SALÓN DO LIBRO de Pontevedra. Este ano, co noso proxecto "REVOLUCIONARTE", mesturamos as emocións coa arte e coa revolución. Foi unha visita na que o pasamos estupendamente!!!!

Construimos un canastro no 1° CIclo



 Dentro da arquitectura popular galega temos unha construcción que é moi recoñecida e que está espallada por toda a xeografía do noso país. Ten moitos nomes: hórreo, canastro, piorno... etc. E tamén tivo e segue tendo unha importante función no mundo rural. Para explicarnos isto, e moito máis, tivemos con nós a Vanesa, a mamá de Nerea de 1º B. Trouxo ao cole un marabilloso canastro en pezas, que as nenas e nenos montaron seguindo as instruccións dun plano coma se de verdadeiros arquitectos e arquitectas se trataran. Moitísimas grazas a toda a familia pola implicación sempre amosan en todos os proxectos do cole.


   

lunes, 8 de abril de 2019

BON APPETIT

O alumnado do segundo ciclo asistiu á representación da obra "Bon Appetit" no teatro A Banca.



BON APPETIT from jmcarguez on Vimeo.

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

O alumnado de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria visitarón o Salón do Libro.

Se ides non esquezades visitar o noso traballo. Noraboa.


VISITA AO SALÓN DO LIBRO from jmcarguez on Vimeo.