Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS DA CURICUXA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS DA CURICUXA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de septiembre de 2016

IV FESTIVAL DAS NÚBEBES - PONTEVEDRA

Comeza un novo curso e aquí vos deixo unha recomendación: 
Conta cun importante programa de actividades (algunhas delas de balde), e aínda que todas son moi interesantes (Teatro co grupo BAOBAB Teatro, guerra de almofadas, pasarrúas,...) vos transmito o consello que me deron de asistir ás charlas do pediatra Carlos González o sábado 24 ás 17 h. no Teatro Principal de Pontevedra, e o domíngo  ás 11 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este pediatra e escritor é autor de libros de gran éxito :
  • Mi niño no me come, 1999
  • Bésame mucho. Cómo criar a tus hijos con amor, 2003
  • Manual práctico de lactancia materna, 2004
  • Un regalo para toda la vida, guía de lactancia materna, 2007
  • Entre tu pediatra y tú, 2010
  • En defensa de las vacunas, 2011
  • Creciendo juntos, 2013


viernes, 22 de abril de 2016

domingo, 10 de abril de 2016

INCLUSION


Este vídeo foi realizado polo alumnado de 1º de BACH do IES das Barxas e con el nos explican dun xeito incriblemente sinxelo conceptos como Inclusión, segregación, exclusión,...
Con estas palabras nos explican o seu traballo.
"Con este traballo  intentamos explicar, de xeito sinxelo, conceptos claves que teñen que ver coa convivencia e co respecto ás persoas, a través das que teñen diversidade funcional, inmersas, xunto ás súas familias, nunha loita para que as administracións e a sociedade, en xeral, sexan quen de garantir a atención que faga efectivos os seus dereitos que, ao final, son os de tod@s.
Este é un proxecto dos Departamentos de música e inglés do IES As Barxas, e forma parte das actividades que desenvolvemos dentro do proxecto do Erasmus + SAFTAS, e foi presentado en Nápoles o 17 de marzo pasado".

GRAZAS POR ESTE TRABALLO

domingo, 3 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA

COMEZA O SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA 2016

Podedes consulta-la programación neste enlace:


Lembrade que o noso centro participa, como todos os anos, cunha fantástica montaxe dirixida pola profe de Mari Carmen.
Se visitades a exposición dos traballos dos colexios invitados non esquenzades votar polo mellor traballo, que desexo sexa o noso.


miércoles, 9 de marzo de 2016

FINA CASALDERREY ESTIVO CONNOSCO

Fina Casalderrey estivo connosco para entregar os premios do concurso sobre a súa obra. Esta actividade contou coa participación de moito alumnado do centro. Aprendimos moitas cousas sobre a súa obra, e sobre esta extraordinaria mestra e escritora.
Grazas profe Margarita Fontán por organizar esta actividade.


domingo, 29 de noviembre de 2015

PARA SABER MÁIS DE D. XOSÉ NEIRA VILAS

O autor do libro máis traducido en língua galega, ademáis dun gran escritor foi un home moi comprometido ca nosa língua. Nos Encontros de Coordinadores de Bibliotecas Escolares de Galiza, afirmou, que máis importante que Memorias dun neno labrego fose o máis lido ou que persoas de diferentes países se interesasen por este libro ou polo seu autor, é que persoas de moitos países coñezan que neste recuncho do noroeste peninsular hai un país que conta cunha fala de seu e cunha cultura de seu. Esta frase marca en gran medida o seu pensamento.
Grazas.

Aquí podedes consutar moitos datos sobre a súa biografía e obra pero, asegúrovos que o máis interesante é escoitalo. Se tedes uns minutos dedicádeos a escoitar a este gran autor e loitador da nosa lingua e cultura.

FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS.

NEIRA VILAS FALA DAS TRADUCIÓNS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.





NEIRA VILAS

O pai de Balbino, ese persoaxe no que moitos galegos se sentiron identificados, finou o venres 27. Sempre estará conosco a través da súa obra e dos seus persoaxes.




Dende o IESP Xosé Neira Vilas elaboraron este fantástico traballo.




Aqui podedes escoitar unhas palabras de Xosé Neira Vilas falando da importancia da publicación de libros en língua galega:

  Esta foi a intevención de Neira Vilas nos Encontros de Bibliotecas Escolares. Eu estiven presente nese encontro e vos podo asegurar que foi unha das actividades de formación máis proveitosa ás que asistín nos meus anos como docente. Grazas. CLICADE AQUÍ PARA VELO VÍDEO

domingo, 31 de mayo de 2015

UN CASO APARTE

Mirade con moita atención as andainas deste dective. Dará moito que falar.

É un fantástico traballo de Iago coa EEI de Xustáns. Moita Sorte nos premios Olloboi. Seguro que vos vai encantar.


martes, 28 de abril de 2015

COMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?

Grazas ás compañeiras e compañeiros do CEIP Sofía Casanova podemos aprender un pouco máis acerca do que necesitamos ter en conta para poder "fiarnos" dunha páxina web. Esta é unha cuestión moi importante, xa que hoxe en día caemos moi facilmente no erro de "copiar e pegar", sen confirmar a información. Do mesmo xeito que non todo o que nos dí a TV é certo, tampouco todo o que aparece en internet debe selo.




sábado, 25 de abril de 2015

PREMIO DOS CLUBES DE LECTURA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O Portal Educativo publica hoxe, co gallo da celebración do Día Mundial do Libro, a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 23 de abril de 2015, pola que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente, galardón que se entregará nesta ocasión a Agustín Fernández Paz, no transcurso da que será a VIII Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar o próximo 5 de xuño en Santiago de Compostela.
Profesoras e profesores que coordinan estes clubs de lectura nos centros de ensino secundario e postobrigatorio, amosaron o seu interese por recoñecer a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción dos lectores. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Establécese así o Premio dos Clubs de Lectura que, cada ano, outorgarase ao autor ou á autora de obra en galego que resultase seleccionado polo maior número de clubs de lectura no curso precedente.
Na VIII Xornada dos Clubs de Lectura, Agustín Fernández Paz recibirá a homenaxe do profesorado asistente e, por el representados, de todos os lectores e lectoras  participantes nos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia.  
 Curiosamene no clube de lectura do noso centro tamén estamos a ler unha das sáus obras "No corazón do bosque". Noraboa por este novo recoñecemento.



jueves, 19 de marzo de 2015

ECLIPSE



Mañá día vinte poderemos contemplar un dos acontecementos máis espectaculares da natureza: un eclipse. Galicia será un dos lugares mellor situados para poder contemplalo.
Un eclipse é o escurecemento dun corpo celeste por outro corpo celeste. No noso caso os eclipses poden ser de Lúa ou de Sol.
Un eclipse lunar acontece cando a Terra se encontra entre o Sol e a Lúa e a súa sombra escurece a Lúa.
O eclipse solar prodúcese cando a Lúa se encontra entre o Sol e a Terra e a súa sombra se proxecta sobre a superficie terrestre.
A NASA elaborou un calendario dos eclipses de Lúa e de Sol dos próximos anos que podedes consultar na súa páxina WEB. Tamén podedes consultar unha guía para poder contemplar eclipses na sección de ciencia do diario El País
A wikipedia tamén nos ofrece moita información.
Nestes vídeos tamén podedes aprender máis:







jueves, 12 de marzo de 2015

KAMISHIBAI

Nas últimas semanas nenas e nenos de Ed Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron a unhas sesións de contacontos a cargo de alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Empregaron un Kamishibai, que é unha especie de teatriño empregado para contar historias co apoio de imaxes. Aquí podedes velos.




domingo, 8 de febrero de 2015

Un titorial para aprender a usar as imaxes de internet




Nos últimos anos vense facendo fincapé na importancia de respectar os dereitos de autor. Grazas a este titorial creado polo profesorado do CEIP de Frian Teis poderemos aprender a escoller as imaxes libres de dereitos de autor facendo un uso ético das mesmas. Para ver este titorial premede aquí:




 

viernes, 12 de diciembre de 2014

100 anos de Platero




"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal..."

Así comeza o libro "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez (Premio Nobel de Literatura no ano 1956), un libro traducido a 49 idiomas, tan só superado pola Biblia e o Quixote. Hoxe celebramos os 100 anos da súa publicación. É un libro de referencia na literatura universal. Podedes lelo on line no portal do Proxecto Guttemberg. Para saber máis sobre esta obra podedes consultar a web da Fundación Juan Ramón Jiménez.

domingo, 16 de noviembre de 2014

A SEGURIDADE NA REDE



Este venres contamos coa presenza na nosa biblioteca, que últimamente ten algo de espacial, dun experto en seguridade na rede. Falounos acerca da necesidade de adoptar precauncións no uso da rede informática, internet. Tamén puxo de relevo a importancia de ler e cumplir os requisitos esixidos polos creadores e xestores das redes sociais, xa que o incumprimento destes pode acarrear graves consecuencias.
Coñecemos só a superficie do inmenso océano que son, neste momento, as redes sociais e os servizos de mensaxería instantánea, pero desgraciadamente descoñecemos os perigos. 
Quero dar as grazas a este experto da Guardia Civil en delitos informáticos D. José Torres por vir ao noso centro este venres. Volverá estar connosco o vindeiro martes 18 ás catro e media (16:30 h.) para tratar estes temas cos pais e nais do noso alumnado que queira acudir ó centro. Convidamos a tódolos pais/nais ou titores legais do alumnado a vir, independentemente de que os seus fillos esten matriculados no noso centro, no I.E.S. de Ponte Caldelas, no C.E.I.P. de A Reigosa ou no C.E.I.P de A Lama. 


net from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.


domingo, 9 de noviembre de 2014

25 ANOS DA CAÍDA DO MURO DE BERLÍN





Hai 25 anos que o mapa de Europa era moi diferente ó actual. Moitos países que hoxe coñecemos (Estonia, Letonia,....) non existían e outros desapareceron (República Democrática de Alemania,...) ó longo destes anos. A orixe destes cambios é complicada e ten moitas explicacións pero o detonante deles está na caída deste muro, para moitos o muro da vergonza, xa que foi construído para separar ás persoas, para cortar a súa liberdade. Desgraciadamente todavía quedan outros muros no mundo, como o de Gaza, que ogallá rematen igual, pero espero que tarden moito menos en caír.







jueves, 16 de octubre de 2014

O HOSPITAL DOS LIBROS

Nos últimos anos mercamos moitos libros, pero tamén donáronnos unha boa chea deles. Aínda que cada ano teñamos máis libros, dvd´s, cd´s,.... debemos coidalos, non COMO si fosen nosos, xa que realmente SON NOSOS, é dicir, de todos nos. A pesar de que na inmensa maioría dos casos tense moito coidado deles, ás veces acontecen accidentes, despistes,... e algúns rompen, pérdense ou se estropean. 
O equipo da biblioteca puxo en funcionamento o HOSPITAL DOS LIBROS, para reparar aqueles que teñen amaño. 
Aqui tedes unhas fotos do noso hospital feitas polas colaboradoras Noa M., Alejandra, Érika, Noa R., Alba, Candela, Iris,... e tamén polo colaborador Alberto. Espero non ter esquecido a ninguén, pero si fose así, pídolle disculpas, xa que todos os anos contamos con moitos e moi bos colaboradores, e este anon nalgunha clase apuntouse TODO o alumnado.




HOSPITAL DOS LIBROS from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

sábado, 4 de octubre de 2014

GALICIAN TUNES


http://www.galiciantunes.com/


Galician Tunes é unha web a través da que se difunde a música galega. O seu catálogo, que tamén dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325 discos, permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas, empresas e festivais galegos.
Desenvolvida a través da Agadic e en colaboración con AGEM e Músicos ao Vivo, busca converterse nunha ferramenta útil cara a unha maior visibilidade social e proxección da industria musical galega baixo esta marca común.

domingo, 4 de mayo de 2014

OUTROS USOS DOS E-READERS

O equipo da Biblioteca O Leirado do CEIP O Leirado de Salvaterra de Miño fixo un gran traballo para ensinarnos os "outros" usos dos e-readers. Nós usámolo principalmente para a lectura, pero estes aparellos ofrécennos moitas máis posibilidades, como subliñar palabras para a súa busqueda en google, realizar anotacións,... Na súa páxina podedes consutar este traballo: O LEIRADO.