XOGOS NA BIBLIOTECA

 "As persoas non deixan de xogar porque se fagan vellas, se non que se fan vellas porque deixan de xogar",  esta frase do dramaturgo Bernard Shaw ilustra moi ben ata que punto o xogo é importante e vital para a existencia de calquera persoa e  permite que o noso cerebro se manteña xoven e activo. 

Para as crianzas o xogo é fundamental no seu desenvolvemento neurolóxico, e polo tanto, na súa aprendizaxe. 

Tivemos no noso colexio a María Couso, conocida en redes sociales como PlayFunLearning, quen nos contou como se desenvolve o noso cerebro dende a infancia e cales son os factores que promoven un mellor desempeño cognitivo. E descubriunos novos xogos, en concreto os xogos de mesa modernos. 

Dende o 24 de outubro, no Día das Bibliotecas Escolares comezou a abrirse a biblioteca polas tardes, a nenxs e familias, e comezamos a organizar algunhas tardes con xogos de mesa. A iniciativa tivo un gran éxito, e o alumnado pouco a pouco comezou a interesarse máis por xogar, tanto na biblioteca coma nas aulas. 

Dende estes códigos QR podedes acceder a ligazóns de vídeos explicativos que conteñen as instrucións, normas e dinámicas de cada xogo. 

A xogar!!!