jueves, 25 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

Este ano para celebrar o Día do Libro, entre outras actividades, elaboramos este vídeo sobre os Xogos Olímpicos. Fixémolo a modo de "carreira de remudas", onde o testemuño era unha pregunta enviada dunha aula a outra para investigar e aprender curiosidades sobre o tema que estamos traballando este ano no PDI. Para a procura da información, a nosa mascota da Biblio, Curicuxa, deixounos un libro : "Os superpreguntóns nos Xogos Olímpicos". Que ideas máis chulas ten Curicuxa ;-)

 Aqui tedes o resultado. Agardamos que vos guste!!

lunes, 1 de abril de 2024

2 de ABRIL: DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo co fin de aumentar a sensibilización sobre o trastorno do espectro autista (TEA) e promover a inclusión das persoas con autismo na sociedade. A razón principal desta data é destacar a necesidade de entender mellor o autismo, combater o estigma e a discriminación, e promover a inclusión e igualdade de oportunidades para as persoas con TEA.

A elección do 2 de abril para esta celebración foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2007. Este día foi seleccionado para honrar a todas as persoas con autismo en todo o mundo e para destacar a importancia de mellorar a súa calidade de vida. É unha oportunidade para unirse como comunidade e traballar xunts para crear conciencia sobre o autismo e promover unha sociedade máis inclusiva e comprensiva. Durante esta xornada, organizanse eventos, actividades e campañas en todo o mundo para educar e sensibilizar á poboación sobre o autismo e para promover a aceptación e o apoio ás persoas con TEA e as súas familias.

Convídanos a ver estas curtametraxes marabillosas.

"ACADEMIA DE ESPECIALISTAS"

 

"MI HERMANITO DE LA LUNA"

  

"EL VIAJE DE MARÍA"

 

¨LOOP"

 

Neste vídeo podedes ver un traballo sobre autismo realizado hai 10 anos por Aroa, Tarikwa e Xela,  alumnas de 4º  de este colexio.  Miguel Gallardo, autor das curtametraxes "Academia de Especialistas" e "El viaje de María" era un ilustrador, debuxante e pai de María, unha nena con TEA co que se puxeron en contacto as nosas alumnas para facerlle preguntas sobre o tema. Foi moi amable e respostou as súas mensaxes, ademais de enviarlles material sobre TEA. Queremos adicarlle este vídeo, xa que nos deixou hai xa dous anos, en febreiro de 2022.