jueves, 29 de febrero de 2024

4 de MARZO- Reto: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA.


Para este reto  toca traer ao cole unha adiviña para compartir coas compañeiras e compañeiros. 

Aquí tedes páxinas onde podedes atopar moitas en lingua galega. 



ADIVIÑAS POPULARES

ADIVIÑAS 1

 ADIVIÑAS 2

ADIVIÑAS 3


ADIVIÑAS ENCADEADAS

2 e 3 de MARZO: Reto en familia

 SEGUIMOS!!!... O FIN DE SEMANA NAS NOSAS CASAS!!




Sabemos que o xogo ten moitos beneficios nas vidas das crianzas, e se se poden facer nun entorno familiar, no que se fagan partícipes ás persoas coas que conviven, aínda mellor. 
Por iso propoñemos para este fin de semana algúns momentos de xogo , nos que ademais vos animedes a utilizar a lingua galega. 
Compartimos algúns vídeos e páxinas de xogos, para que pasedes uns intres divertidos.

A xogar... en galego!!!






BRINCADEIRAS DA LINGUA (XOGOS TRANQUILOS)



TABÚ EN GALEGO









DIXITAIS: 









1 de MARZO-Reto 1: Poñemos a lingua en marcha!

COMEZAMOS !!!




 



21 DÍAS EN GALEGO

O pasado 23 de febreiro celebramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro, mais este ano, no que o noso PDI é sobre os Xogos Olímpicos, a nosa poetisa quixo  pasarnos o testemuño da lingua, para percorrer con él un maratón de 21 días: 21 DÍAS EN GALEGO.

Ao longo destes días iremos propoñendo divertidos retos, actividades para realizar en familia e na escola , accións e  xestos sinxelos que incorporaremos ás nosas vidas diarias dándolle un sitio á lingua galega, a nosa lingua. 

 O proxecto comezará o día 1 de marzo e finalizará o 21 .


 

 

 (Por que 21 días? Según o psicólogo William Jame requírese un proceso de 21 días para crear un hábito. A mestra Pilar Ponte do IES da Pobra do Caramiñal comezou "21 días en galego" no ano 2013.)

jueves, 15 de febrero de 2024

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA


  

 

 

 

 

 

 

 

 

Un ano máis celebraremos o Día de Rosalía, o 23 de febreiro. Aquí vos deixamos páxinas con recursos para que poidades coñecer un pouquiño máis á nosa poetisa e escritora. Agardamos que vos gusten.

 Os Bolechas e Rosalía


 




  Nesta  páxina podedes atopar máis recursos sobre Rosalía




Se premedes nestas ligazóns atoparedes ESCOLMAS DE POEMAS de Rosalía.



 


 
 Cantamos a Rosalía

lunes, 5 de febrero de 2024

ENTROIDO NO CORDO

 

 Xa estamos no Entroido, e para iso Curicuxa tróuxovos recursos e materiais para ir traballando nas vosas aulas.

 







 

Aquí vos deixo algunhas ligazóns con materiais.


Nesta primeria ligazón atoparedes información sobre o Entroido tradicional galego, unha festa considerada de interés turístico. 

GUÍA DO ENTROIDO EN GALICIA
 
Nesta páxina podedes atopar unha chea de recursos tanto para Infantil coma para Primaria. Tedes un libriño con 5 personaxes tradicionais de Entroido de distintas partes da xeografía galega. 


Aquí tedes máscaras tradicionais do Entroido galego.

 
Nesta ligazón podedes descargar unha Unidade Didáctica do Entroido.
 
 
 
 
Aquí tedes cancións de Entroido, para cantar e bailar.