lunes, 24 de febrero de 2020

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE FEBREIRO

Boas familias!!!!!
Coincidindo con este breve descanso de entroido, deixámosvos un pequeno resumo coa visita dos padriños lectores neste mes de febreiro!!!!!



PADRIÑOS LECTORES FEBREIRO from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 20 de febrero de 2020

O DÍA DE ROSALÍA

As familias xunto co alumnado de 4º colaboraron neste homenaxe a Rosalía de Castro polo día do seu aniversario, o 24 de febreiro.

Moitas grazas a todas as familias por colaborar.


martes, 18 de febrero de 2020

Greguerias!

Os menos e nenas de 5º B tiñen moito sentido do humor, por iso fixeron este libriño de greguerias e o comparten para que todo o mundo amén se poida rir.

Greguerias 5ºB from Noemi Seijas on Vimeo.

jueves, 6 de febrero de 2020

FLASHMOB DA PAZ

Fai clic aquí. para ver o fantástico baile que as nenas, nenos e mestrxs do cole fixeron na praza de España da nosa vila. Foi moi emocionante, porque había familias e veciñas e veciñas participando e aplaudindo.
Esta fermosa actividade organizámola  para conmemorar o día da Paz, aínda que sabemos que a Paz hai que celebrala tódolos días: sendo máis empáticxs, tolerantes, mellores compañeirxs e poñendo o noso gran de area para construír un mundo máis xusto para tódalas persoas que o habitamos.

(A partires do minuto 1'41")

AS NENAS E NENOS DE 1ºCICLO VISITAMOS O INVERNADOIRO

Grazas a Anpa poidemos facer unha interesante visita ao invernadoiro de Cáritas. Trátase dun horto ecolóxico, no que se mesturan varios cultivos, aproveitando a auga dunha mina cercana, e o traballo voluntario de varias persoas da vila.Unha destas persoas é Xosé, quen xunto con Vanessa, se encargou de servirnos de guía, explicándonos como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas. 
Tamén visitamos un pequeno invernadoiro onde había sementeiras, e chamóunos moito a atención un estanque con rás. De volta ao colexio Vanessa explicounos como sementar. Agora temos varias plantas medrando no cole, que logo levaremos ao invernadoiro. Foi unha mañá fantástica!!