jueves, 6 de febrero de 2020

AS NENAS E NENOS DE 1ºCICLO VISITAMOS O INVERNADOIRO

Grazas a Anpa poidemos facer unha interesante visita ao invernadoiro de Cáritas. Trátase dun horto ecolóxico, no que se mesturan varios cultivos, aproveitando a auga dunha mina cercana, e o traballo voluntario de varias persoas da vila.Unha destas persoas é Xosé, quen xunto con Vanessa, se encargou de servirnos de guía, explicándonos como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas. 
Tamén visitamos un pequeno invernadoiro onde había sementeiras, e chamóunos moito a atención un estanque con rás. De volta ao colexio Vanessa explicounos como sementar. Agora temos varias plantas medrando no cole, que logo levaremos ao invernadoiro. Foi unha mañá fantástica!!