AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNAS LECTURAS MOI INTERESANTES DAS QUE DESFRUTAR NESTES DÍAS.
Curicuxa
Blogue da biblioteca escolar co CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Eres o visitante nº
viernes, 30 de octubre de 2026
sábado, 24 de octubre de 2026
24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS
Como ven sendo tradición, cada 24 de outubro, coincidindo coas celebracións do Día das Bibliotecas, poñemos en marcha as nosas mochilas viaxeiras, mochilas que nas súas viaxes enchen os fogares de contos e xogos novos para pasar estupendas xornadas en familia.
Pero ademais como punto de inicio do noso PDI, entramos no mundo das artes.... HOXE ABRIMOS AS NOSAS PORTAS, BENVIDOS E BENVIDAS...
lunes, 19 de octubre de 2026
19 DE OUTUBRO - DÍA DAS ESCRITORAS
Hoxe 19 de outubro celebramos o Día das
Escritoras, unha oportunidade para achegarnos ás mulleres que, a través das
súas palabras, fixeronnos soñar, sentir, imaxinar e descubrir novos mundos.
Este ano quixemos unir esta celebración ao noso PDI, dedicado ás artes. Porque as palabras tamén se pintan, se bailan, se fotografan, se interpretan e se convirten en música. Celebramos ás mulleres que escriben e todas as formas de arte que nos axudan a contar historias, dedicando uns minutiños a ler e a pensar que transmiten esas mensaxes para despois, transformalas nunha pequena creación relacionada cunha arte: un debuxo, unha fotografía, un movemento, unha pequena escena teatral, un ritmo musical… Deixando voar a imaxinación!
Velaquí o resultado!!!
Pero ademais, o alumnado de 2ºB engadiu á conmemoración esta marabilla de podcast:
https://www.ivoox.com/player_ej_182438991_6_1.html?c1=94c4cc
Se queredes esta actividade, non tedes máis que acceder ao enlace:
https://drive.google.com/file/d/169MLkS6N0ihQL0w_JSgrMjPllhehf6EO/view?usp=drive_link
lunes, 22 de junio de 2026
CHEGA O VERÁN
Despois de moitos meses de traballo, aprendizaxes, xogos compartidos, saídas e demais... sen a penas darnos conta chegou xuño, momento no que ao noso alumnado lle toca descansar, xogar, saltar, desfrutar... e como non, a lectura é un deses marabillosos momentos do que podemos desfrutar a calquera hora, por iso dende a biblioteca queremos facervos as seguintes recomendacións lectoras, porque como ben sabedes:
"Ler é soñas cos ollos abertos" (J.K Rowling)
BO VERÁN!!!!!!!!
viernes, 5 de junio de 2026
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Hoxe 5 de xuño conmemórase o Día Mundial Do Medio Ambiente e o alumnado de 1ºB de primaria aproveitou a ocasión para grabar esta marabilla de canción na nosa radio!!!!!
Desfrutade!!!
jueves, 28 de mayo de 2026
TRABALLANDO NA RADIO
Neste artigo da nosa revista escolar podedes ver a cantidade de cousiñas que fixemos ao longo do curso dende Ondiñas no Cordo!!!
martes, 26 de mayo de 2026
CLUBS DE LECTURA 2º E 3º TRIMESTRE
Como ben sendo habitual, dende a nosa biblioteca promovemos a realización de clubs de lectura en diferentes modalidades; e no segundo e terceiro trimestre non ía ser diferente e aquí deixamos boa constancia do divertido que poden ser as nosas lecturas!!!!
lunes, 18 de mayo de 2026
A VIAXE DE GOTIÑA
Aquí vos presentamos con moito orgullo o fantástico traballo elaborado polo alumnado de 6º que acaba de recibir o 1º premio no concurso da Deputación de Pontevedra, "A viaxe de Gotiña" promovido para sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de manter e conservar as traídas de augas veciñais que existen nas zonas rurais da provincia, así como para que coñeceran o ciclo desa auga.
Participaron na categoría de cómic e velaí tedes o gran resultado que os levou a alzarse con 1º premio!!!






