domingo, 29 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

LEMBRADE QUE CONTADES CUNHA BIBLIOTECA DIXITAL AO VOSO ALCANCE



Lembrade que contades cun acceso á biblioteca dixital PROXECTO ELBE2
Para poder usar esta aplicación tedes que descargala no voso equipo (pc, portátil, tablet ou smartphone), dende google play.
Clicando na imaxe poderedes acceder á páxina de inicio.

clina nesta imaxe para acceder á páxina de inicio




lunes, 23 de marzo de 2020

NO CORDO BOULLOSA TAMÉN QUEDAMOS NA CASA

O PROFE RAMÓN PREPAROUNOS ESTAS SESIÓNS PARA MANTERNOS EN FORMA


A idea destas unidade didáctica "EDUCACIÓN FÍSICA DE ANDAR POR CASA" é de facer un mantemento global das diferentes capacidades físicas.
As sesións están deseñadas para que podan participar delas persoas de diferentes idades e niveis, polo que se podería xogar con irmáns/ irmás maiores e tamén menores que nós. Incluso tamén con adultos. Anímaste?

Se non podes facer algunha actividade por problemas de material, compañía ou espazo... non te preocupes! Cambia á seguinte e segue poñéndote en forma. 

O material empregado vai a estar presente habitualmente nas casas (botellas de plástico, tapóns, caixas, paus...) De tódolos xeitos, algún material podes intentar elaboralo ti (pide axuda). Verás que divertido!

É importante que non vos desfagades do material elaborado, porque pode ser útil para próximas sesións, ou ben para utilizalo no voso tempo de lecer.

ESTOU MOI ORGULLOSO DE TODOS E TODAS. ÁNIMO. A POÑERSE EN FORMA






















martes, 17 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA!

Ola familias! 

Dende o cole non queremos perder a oportunidade de aportar o noso granciño de area para facer máis levadeiros estes días. Por iso gustaríanos que sacásedes unha foto co alumnado realizando algunha actividade que poidades facer nas vosas casas (xogando a algún xogo, facendo exercicio, cociñando...) e nola enviásedes ao enderezo tercerciclocordoboullosa@gmail.com

Con todas esas fotos elaboraremos un vídeo que aportará ideas a outras nenas e nenos para realizar coas súas familias!

Podedes enviar fotos ata o VENRES DÍA 20!

Moitas grazas de antemán.

viernes, 13 de marzo de 2020

SUSPENSIÓN DAS XORNADAS LECTIVAS

Ante a falta de comunicación oficial por parte da Consellería de Educación, remitímosvos as declaracións feitas pola Presidente da Xunta de Galiza nas que anunciaba que a partir do luns, 16 de marzo, os centros educativos sunpenden todas actividades lectivas e complementarias durante catorce dias; e mañá a asistencia do alumnado é voluntaria. 

Lembrade que para calquera dúbida, debedes consultar primeiro a páxina web do colexio e/ou os blogs de cada ciclo.
Estes son os enlaces:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. http://www.edu.xunta.gal/portal/


BLOG EDUCACIÓN INFANTIL: http://cativoscaldelas.blogspot.com/




jueves, 12 de marzo de 2020

OITO DE MARZO DÍA DA MULLER

O luns visitáronnos dúas mulleres que realizan a súa actividade profesional nas forzas e corpos de seguridade do Estado. Amosáronnos que unha persoa, home ou muller, pode acadar aquilo que se propón, se se esforza e ten a vontade para facelo.  Ser home ou muller non é nin debe ser unha barreira.

Moitas Grazas.