Eres o visitante nº
Mostrando entradas con la etiqueta OS NOSOS PROXECTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OS NOSOS PROXECTOS. Mostrar todas las entradas
martes, 26 de noviembre de 2019
AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA
Como fase de motivación para o PDI deste curso 19/20, animámonos a decorar as nosas biblios de aula e quedaron así de ben!!!! Xa estamos preparados para aprender un montón de cousas!!!!
BIBLIOS DE AULA 19/20 from Audición y lenguaje on Vimeo.
jueves, 20 de diciembre de 2018
Inicio do PDI
Este ano para motivarnos no inicio do proxecto anual: EMOCIONARTE, decoramos as nosas bibliotecas de aula....quedaron xenial!! podedes velas no seguinte video:
Bibliotecas de aula from Audición y lenguaje on Vimeo.
Bibliotecas de aula from Audición y lenguaje on Vimeo.
martes, 27 de noviembre de 2018
O alumnado de terceiro
O alumnado de 3º de primaria estivemos traballando en Ciencias
Naturais “A alimentación”. Para afondar
máis no tema fixemos unha merenda moi saudable onde puidemos probar froitas que
non coñecíamos como a feixoa, o mango, a
granada, a papaia... entre outras.
Encantounos a experiencia!
Cata de froita from jmcarguez on Vimeo.
viernes, 2 de febrero de 2018
FASE DE MOTIVACIÓN PDI
Como vimos facendo nestes útimos anos, continuamos neste curso traballando co PDI (proxecto ducumental integrado), este ano cun tema que aos nosos alumnos estalles resultando moi motivador, "A volta ao mundo en 80 días". E para comenzar na fase de motivación que mellor que poñernos a decorar as nosas biblios de aula!! Están quedando chulísimas.... velaí as tedes!!!!!!
viernes, 5 de mayo de 2017
PDI 5º DE PRIMARIA
Aquí tedes xa o produto final do traballo realizado polos alumnos e alumnas de 5º de E.P ao longo do curso sobre o PDI "A Idade Media".
o segredo do códice from Departamento de orientación on Vimeo.
o segredo do códice from Departamento de orientación on Vimeo.
lunes, 23 de enero de 2017
OBRADOIRO DE XABRÓN
O alumnado de 3º fixo un obradoiro de xabrón. Este é o proceso:
INGREDIENTES:
- Unha barra de glicerina.
- Pétalos de rosa secos.
- Colorante.
- Esencia de rosas.
- Aceite
UTENSILIOS:
- Unha tarteira grande.
- Un pau para remexer.
- Moldes.
- Dous recipientes de plástico.
ELABORAIÓN:
- Troceamos a barra de glicerina.
- Pomos a quentar a auga na tarteira.
- Pomos a glicerina a derreter na tarteira, pero dentro dos recipientes de plástico.
- Poñemos o aceite nos moldes.
- Poñemos nos moldes os pétalos de rosa secos.
- Pomos a esencia de rosa.
- Vertemos a glicerina derretida nos moldes.
- Deixamos enfriar.
- Por último, desmoldamos.
jueves, 12 de enero de 2017
viernes, 10 de junio de 2016
viernes, 27 de mayo de 2016
CONCEPCIÓN ARENAL
O noso centro está situado na rúa Concepción Arenal de Ponte Caldelas. Pareceunos unha boa idea aprender algo máis sobre ela, e así o alumnado de 6º A do noso centro elaborou este vídeo no que vos tamén podedes coñecer algúns datos da súa biografía. Grazas ás "actrices" Silvia e Rebeca por colaborar nesta "tarefa".
domingo, 3 de abril de 2016
CANTA BICHERÍA
COMEZA O SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA 2016
Podedes consulta-la programación neste enlace:
Lembrade que o noso centro participa, como todos os anos, cunha fantástica montaxe dirixida pola profe de Mari Carmen.
Se visitades a exposición dos traballos dos colexios invitados non esquenzades votar polo mellor traballo, que desexo sexa o noso.
jueves, 26 de noviembre de 2015
UNS CURICONSELLOS PARA FACER LECTORES
Aquí tedes uns curiconsellos para facer lectores.
Podedes topar más información nas seguintes páxinas web:
www.educapeques.com
lunes, 25 de mayo de 2015
O NOSO HORTO VERTICAL, O PDI DE INFANTIL
Este ano dentro do Proxecto Documental Integrado, os nenos de infantil aprenderon moitas cousas sobre as plantas aromáticas.
Pero además de aprender divertíronse un montón plantando, regando, facendo talleres de xabón e pan-pizza...
Si queredes saber un pouco máis sobre todas esas cousas que fixeron, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.
Pero además de aprender divertíronse un montón plantando, regando, facendo talleres de xabón e pan-pizza...
Si queredes saber un pouco máis sobre todas esas cousas que fixeron, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.
jueves, 12 de marzo de 2015
KAMISHIBAI
Nas últimas semanas nenas e nenos de Ed Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron a unhas sesións de contacontos a cargo de alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Empregaron un Kamishibai, que é unha especie de teatriño empregado para contar historias co apoio de imaxes. Aquí podedes velos.
martes, 3 de febrero de 2015
LIPDUB POLA PAZ
Este foi o noso primeiro lipdub e a pesar dos erros "técnicos" do segundo cámara, agardo que vos gustara a experiencia, e que vos queden ganas de repetilo o próximo ano.
Agradecer especialmente ás profes Trini, Mari Carmen e Rebeca o seu traballo, xa que sin elas non sería posible esta aventura, tamén ó "primeiro cámara" e o seu director de son", os profes Manuel e Javier, e a todo o alumnado e profesorado do centro.
martes, 16 de diciembre de 2014
SEMANA ADICADA Á TRADICIÓN ORAL
Adicamos unha semana a celebrar a tradición oral.
Todos os que somos "maiores" lembramos as historias que nos contaban as nosas avoas e avós cando eramos nenos. É moi importante que conservemos estas historias e os coñecementos dos nosos maiores e o mellor xeito de conservalos e transmitilos aos nosos fillos e netos.
Estas fantásticas avoas adicaron o seu tempo e esforzo a contarnos historias sobre a horta e como se traballaba no campo cando eran nenas. Todo o alumnado do noso cole puido escoitalas. Moitas graza a: Digna, Canducha, Guillerma, Mariló, Mari Carmen e Rosa.
lunes, 27 de octubre de 2014
O UNIVERSO NA BIBLIO
Ó longo do primeiro trimestre traballaremos o espazo, o sistema solar, o universo,... en todolos niveis de Ed. Primaria. Pero tamén en Ed. Infantil traballaremos, coma un proxecto de traballo este tema. Para elo a profe Carmen preparou un fantástico traballo sobre o sistema solar que veremos na biblioteca. Preparamos unha decoración especial e unha exposición con fondos sobre este tema, cos que contamos na nosa biblio e outros cedidos pola biblioteca nodal de Pontevedra. Tamén levaremos a cabo talleres nos que tentaremos crear os nosos propios planetas.
Para ir recollendo documentación podedes ver algúns documentais coma estes:
viernes, 24 de octubre de 2014
LEMBRANDO A ESCOLA
A próxima semana teremos no cole a varias mestras e antiguos alumnos para falar con nós sobre a escola que eles e elas coñeceron cando eran nenos e nenas e cómo foi cambiando ó longo dos anos.
O luns estará con nós as profes Mari Carmen e Isabel. Poderán escoitalas o alumnado de 5º e 1º de Ed. Primaria.
O martes virán as profes Edina e Merce. Escoitaranna o alumnado de 4º e 2º de Ed. Primaria.
O mércores visitaranos a que fora directora e orientadora do cole Elvira e Isabel, que foi a xefe de estudos no centro, e poderán estar con elas o alumnado de 6º e 3º.
Os ex alumnos que estarán con nós son Pati, Richi, Marga, Alberto, Lucila, Mónica, Perfecto e Belén.
Grazas a todos por vir a escola. E tamén grazas (anticipadas) a todos por escoitar atentamente o que nos van contar.
viernes, 27 de junio de 2014
Memoria do Proxecto Documental Integrado
martes, 27 de mayo de 2014
O ALUMANDO DE ED. INFANTIL TAMÉN PARTICIPOU NO PDI
O alumnado de infantil tamén quixeron participar no PDI(proxecto documental integrado).
Pasáronno moi ben e aprenderon un montón.
Velaí vai un pequeno resumo:
miércoles, 23 de abril de 2014
UN MARCAPAXINAS PARA O DIA DO LIBRO
Grazas a Tatiana e a Alba podemos aprender a facer este divertido marcapáxinas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



