sábado, 23 de abril de 2022

ANIMACIÓN Á LECTURA: VISITA DE AUTORES

 Neste trimestre  parte do alumnado do colexio recibiu a visita de autores das obras que estiveron lendo. 

Aquí vos deixamos mostra dos momentos tan divertidos e interesantes que viviu o noso alumnado con Ramón Caride, O Hematocrítico, Ledicia Costas e Antonio Manuel Fraga..





PREPARÁNDONOS PARA O 50 ANIVERSARIO

Ola, nenas , nenos e familias!!!



Este ano, o día 2 de maio, o noso colexio cumple 50 anos!!! Querémosvos contar que estamos preparando moitas actividades para celebralo. 

Estamos moi emocionadas e emocionados, e gustaríanos compartilo con toda a comunidade educativa, xa que por aquí pasaron moitas persoas: nais, pais, e mesmo avoas e avós do alumnado que temos hoxe en día. 

A infancia é unha etapa da vida na que albergamos moitas lembranzas, e de seguro que o cole forma parte de bos recordos do exalumnado que pasou por estas aulas, brincou nos patios, encheu os corredores de risas e deixou unha fonda pegada no profesorado. 


E non hai un aniversario sen canción, así que aquí vos deixamos a nosa (con  baile incluído) para que practiquedes, e poidamos bailar todxs xuntxs.


Animádevos a bailar e cantar!!

No Cordo Boullosa

imos celebrar

o seu aniversario

50 anos xa (3 veces)

no Cordo Boullosa

imos celebrar.


Todos xuntos (4 veces)

hoxe todos celebramos

e estamos todos contentos 

pois cumples (2 palmadas)

50 anos,

e estamos todos contentos

pois cumples (2 palmadas)

50 anos.


A torta de fresa

que boa que está 

tódolos rapaces

ímoscha agasallar (3 veces)

a torta de fresa

que boa que está.


Todos xuntos (4 veces)

hoxe todos celebramos

e estamos todos contentos 

pois cumples (2 palmadas)

50 anos,

e estamos todos contentos

pois cumples (2 palmadas)

50 anos.






miércoles, 13 de abril de 2022

PADRIÑOS LECTORES con ROSALÍA DE CASTRO

Temos no cole unha actividade chamada "padriños lectores" na que as nenas e nenos "maiores" agasallan aos máis pequenos con lecturas de contos, poemas, e outros textos. Son momentos nos que comparten o gusto pola lectura, e contaxian o seu entusiasmo polo marabilloso mundo dos libros,

Aproveitando que tivemos unha semana adicada á nosa autora, Rosalía de Castro, o alumnado de 3º a 6º de Primaria recitaron versos da poeta, facendo as delicias dxs máis pequenxs. 


Aquí vos deixamos algunha foto.

DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo temos varias celebracións no cole, a primeira é o 8M no que celebramos o Día da Muller. Este ano adicámolo ás MULLERES CIENTÍFICAS, e convidamos ao colexio a tres mulleres da contorna, Lucía, Saleta e Ana. 



 


 Tamén tivemos a visita da teacher Mary, que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos co seu conto de piratas.





Celebramos tamén a Semana da Prensa, elaborando unha portada por curso adicada a mulleres científicas, de distintos ámbitos da ciencia: biólogas, astrónomas, químicas, matemáticas, etc. Co resultado elaboramos un mural no corredor, que quedou así de ben!