martes, 28 de abril de 2026

FEIRA DO LIBRO

 Unha marabillosa xornada compartida cos nosos compañeir@s do CEIP da Reigosa para poñer punto e final á conmemoración do Día do Libro 2026.




DÍA 4: QUE HAI NA NOSA AULA?


 

viernes, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

 Coincidindo coas celebracións do Día do Libro, recibimos no cole a visita de Sabela Fernández Trelles, unha nova xornada de fomento da lectura para o noso alumnado de 1º e 2º ciclo que puideron charlar e mesmo compartir unha breve sesión na nosa radio da man da autora das súas lecturas máis recentes. Unha xornada na que a lectura foi a gran protagonista.


Aquí vos deixamos a colaboración de Sabela na nosa radio, Ondiñas no Cordo!!



MAÑÁ COMEZAMOS 21 DÍAS CO GALEGO!!!!

Ola nenas e nenos!!

Maña sábado comezamos, por terceiro ano consecutivo, a iniciativa “21 días co galego” no noso cole. Tras a experiencia do ano pasado, no que realizamos o formato oficial, este curso retomamos esta proposta con moita ilusión.

A actividade desenvolverase do 25 de abril ao 15 de maio, coincidindo a clausura coa celebración da II Romaría do cole. O noso principal obxectivo é fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa, implicando tanto ao alumnado como ás familias.

Nesta edición, queremos facer unha homenaxe a Begoña Caamaño, figura homenaxeada nas Letras Galegas 2026, achegándonos á súa vida e á súa obra.

Ao longo destes 21 días propoñeranse retos diarios sinxelos e divertidos, coa intención de que todos e todas participen, se entreteñan e, sobre todo, aproveiten para comunicarse en galego no seu día a día. E tamén para coñecer un pouquiño mellor a Begoña, e animar ás familias a ler a súa obra. 

Animámosvos a formar parte desta experiencia e a facer do galego unha lingua viva, compartida e presente en cada momento.

Aquí tedes material para traballar a figura de Begoña Caamaño:

http://seminariogalan.org/

https://view.genially.com/69e9eb99a54b79e40b39ff71






jueves, 23 de abril de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DO LIBRO

 Aquí vos deixamos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS que nos deixa o equipo de Biblioteca neste 23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO.


https://drive.google.com/file/d/1tqnzO4DR2LfpN27GY5N1_12f_w9N3bVV/view?usp=drive_link





23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

 Hoxe 23 de abril conmemoramos o DÍA DO LIBRO a nivel mundial co obxectivo, entre outros, de fomentar a lectura; é unha celebración universal promovida pola UNESCO dende o ano 1988.

Nós hoxe queremos aportar o noso gran de area con este podcast realizado polo alumnado de 2º A de primaria!!

Agardamos que vos guste!!!!!

https://www.ivoox.com/player_ej_172451094_6_1.html

martes, 7 de abril de 2026

DÍA DA SAÚDE - 7 DE ABRIL

Dende que no ano 1946 foi proclamada  por parte de 61 membros das nacións unidas a OMS, cada 7 de abril e dende 1950 conmemoramos O DÍA DA SAÚDE xa que esta é un dereito básico e universal e todos deberiamos poder acceder a unha atención sanitaria de calidade.

Neste 2026 e baixo o lema " Xuntos pola saúde, apoiemos a ciencia" continúase con esta conmemoración e dende o Cordo sumámonos con esta pequena aportación de mans do alumnado de 5ºB de infantil.

Agardamos que vos guste!!!

https://www.ivoox.com/player_ej_172002641_6_1.html?c1=e42c2c%22