Coincidindo coas celebracións do Día do Libro, recibimos no cole a visita de Sabela Fernández Trelles, unha nova xornada de fomento da lectura para o noso alumnado de 1º e 2º ciclo que puideron charlar e mesmo compartir unha breve sesión na nosa radio da man da autora das súas lecturas máis recentes. Unha xornada na que a lectura foi a gran protagonista.
