viernes, 24 de abril de 2026

MAÑÁ COMEZAMOS 21 DÍAS CO GALEGO!!!!

Ola nenas e nenos!!

Maña sábado comezamos, por terceiro ano consecutivo, a iniciativa “21 días co galego” no noso cole. Tras a experiencia do ano pasado, no que realizamos o formato oficial, este curso retomamos esta proposta con moita ilusión.

A actividade desenvolverase do 25 de abril ao 15 de maio, coincidindo a clausura coa celebración da II Romaría do cole. O noso principal obxectivo é fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa, implicando tanto ao alumnado como ás familias.

Nesta edición, queremos facer unha homenaxe a Begoña Caamaño, figura homenaxeada nas Letras Galegas 2026, achegándonos á súa vida e á súa obra.

Ao longo destes 21 días propoñeranse retos diarios sinxelos e divertidos, coa intención de que todos e todas participen, se entreteñan e, sobre todo, aproveiten para comunicarse en galego no seu día a día. E tamén para coñecer un pouquiño mellor a Begoña, e animar ás familias a ler a súa obra. 

Animámosvos a formar parte desta experiencia e a facer do galego unha lingua viva, compartida e presente en cada momento.