lunes, 30 de marzo de 2026

8M

 Ondiñas no Cordo segue a pleno rendemento, para a nosa conmemoración do 8M fomos un paso máis alá e este foi o resultado, a nosa particular Ruta de Mulleres de Bandeira. Primeiramente levouse a cabo un proceso de acceso á información visitando a nosa biblioteca para indagar a fondo a través de diversas fontes de información. Finalmente deixamos pola vila voces de nenos e nenas que contan historias de grandes mulleres. Se as escoitas...elas falan.

Escaneando os QR de cada un dos carteis que se atopaban nos diferentes establecementos que se indican no mapa poderedes escoitar as historias que nos contan. Para quen non puido facer a ruta aquí vos deixamos a oportunidade de escoitar as historias destas marabillosas mulleres que abriron camiño!!


miércoles, 25 de marzo de 2026

21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA E O SÍNDROME DE DOWN

Hoxe LIBERAMOS POEMAS, despois dun importante traballo nas aulas preparando pareados marabillosos e reforzando a escritura en verso, colocámolos  na gaiola dos poemas, e hoxe...liberamos e compartimos os nosos poemas, uns poemas diferentes, escritos sobre un pergamino de calcetín para non esquecer que cun cromosoma máis ou cun menos todos somos igual de importantes, como vimos proxectado no conto que o alumnado de 1ºA preparou e grabou para todos nós polo día das persoas con discapacidade, "O conto do elefante".

E para culminar este día de conmemoracións, alumnado do terceiro ciclo alucinounos cunha regueifa escrita e interpretada por eles onde non se esqueceron de ningunha das datas importantes a conmemorar lembrándonos a todos que o día da árbore, o día en contra do racismo, o día do síndrome de down o e da poesía, deben de ser nomeados!!!



ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe recibimos a visita de Antía Yáñez, unha xornada de reforzo do fomento da lectura onde o alumnado de 3º ciclo puido meterse máis de cheo e en primeira persoa nas fantásticas historias xa lidas, da man da propia autora. Unha xornada diferente onde a lectura foi a protagonista.



martes, 17 de marzo de 2026

17 DE MARZO- DÍA DO CÓMIC

Aproveitando esta data que se estableceu como "Día internacional do cómic", o alumnado de 6º realizou un obradoiro de escritura creativa para iniciarse no mundo da creación da banda deseñada... puxéronlle tantas ganas e empeño que o resultado vai directo ao concurso "A viaxe de gotiña" (https://www.depo.gal/es/-/concurso-escolar-a-viaxe-de-gotina), que sairá de aquí?.....agardamos velo pronto!!!!!!


























viernes, 6 de marzo de 2026

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER


O vindeiro domingo día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, aproveitamos esta data para homenaxear a mulleres extraordinarias. Unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que teñen desempeñado unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.

 https://www.ivoox.com/player_ej_169360647_6_1.html?c1=9c44e3%22