Mostrando entradas con la etiqueta DIAS ADICADOS A..... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIAS ADICADOS A..... Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de febrero de 2020

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE FEBREIRO

Boas familias!!!!!
Coincidindo con este breve descanso de entroido, deixámosvos un pequeno resumo coa visita dos padriños lectores neste mes de febreiro!!!!!



PADRIÑOS LECTORES FEBREIRO from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 27 de marzo de 2019

PADRIÑOS LECTORES DE POESÍA

Coincidindo coa semana na que festexamos o día da poesía, as nosas madriñas e padriños lectores fixeron unha visita ao nenos e nenas de infantil cargados cun montón de libros de poesías, rimas... cos que fixeron pasar un anaco moi agradable aos máis peques do cole.

padriños lectores marzo from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 28 de febrero de 2019

Padriños lectores de ENTROIDO

Ao longo desta semana de inverno pero de aspecto primaveral tivemos a visita das nosas madriñas e padriños lectores. Foron unas xornadas solleiras nas que grandes e pequenos pasárono  en grande.
Podes velo nas seguintes fotos:


lunes, 28 de enero de 2019

Chegaron os padriños lectores de xaneiro....

Este mes como non podía ser doutro xeito as madriñas e padriños lectores trouxeron un montón de contos con historias cheas de amizade, amor, loita pola igualdade... para conmemorar, como faremos o vindeiro mércores, o Día da Paz e da non violencia.
Aquí vos deixo un resumo para que vexades que atentos estiveron os nosos pequeno/as e que ben exercen de padriños e madriñas os máis grandiños.


PADRIÑOS LECTORES DA PAZ from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 17 de diciembre de 2018

PADRIÑOS LECTORES DO NADAL

Están a piques de chegar xa as merecidas vacacións de NADAL e por iso os nosos padriños e madriñas lector@s fixeron unha visita por infantil para lerlles aos cativos/as un montón de contos relacionados con esta época de ano; o nadal, os bonecos de neve, os reis... foron os protagonistas duns ratiños de lectura moi fermosos.


PADRIÑOS LECTORES NADAL from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 5 de noviembre de 2018

PADRIÑOS LECTORES

Por fin chegaron de novo as madriñas e os padriños lectores e viñeron cargados de contos de bruxas, monstruos, cabazas.... unha morea de libros de samaín para pasar un bo anaco cos máis pequenos do cole.
Aquí vos deixamos un resumo destas xornadas adicadas aos
PADRIÑOS LECTORES DO SAMAÍN.


Untitled from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 24 de mayo de 2018

PADRIÑOS LECTORES

Chegou o mes de maio e con el, os últimos padriños lectores deste curso. Así foi como gozaron os mais pequenos das lecturas duns fermosos contos para conmemorar o Día das Letras Galegas, nunha estupenda mañá soleada.

Saudiños e deica setembro**


PADRIÑOS LECTORES MAIO from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 2 de mayo de 2018

PADRIÑOS LECTORES DE ABRIL

Neste mes de abril e coincidindo co Día do Libro aos alumnos de 5º e 6º tocoulles ser as madriñas e padriños lectores do mes, e cargados cun montón de contos clásicos e nunha fermosa mañá primaveral, pasaron un bo anaco léndolles aos máis pequenos do cole.


Padriños lectores ABRIL from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 21 de marzo de 2018

PADRIÑOS LECTORES EN MARZO

Aproveitando que nesta semana festexamos o Día da Poesía, esta vez as madriñas e padriños lectores viñeron cargados de contos con rimas, poemas... os máis cativos do cole estiveron moi atentos e atentas a todas as lecturas, podedes velos neste pequeno collage de fotos.


lunes, 26 de febrero de 2018

O DÍA DE ROSALÍA

O sábado día 24 Rosalía de Castro estivo de aniversario. Cumpríronse  181 anos desde o seu nacemento, o 24 de febreiro do ano 1837, en Santiago de Compostela.
Rosalía de Castro é unha das grandes poetisas da literatura universal; e unha das principais responsables do movemento O Rexurdimento, que buscaba recuperar o respecto pola nosa lingua, darlle o valor que ten como parte de nós, da nosa cultura e da nosa historia. É tal a súa importancia que escolleuse o 17 de maio para celebar o día das Letras Galegas na mesma data na que se publicou un dos seus libros máis importantes: "Cantares Galegos".



Para esta data moitos centros educativos de Galicia realizaron traballos para recordar a súa obra. Aquí podedes ver algúns:








PADRIÑOS LECTORES DE FEBREIRO

De novo chegaron as madriñas e padriños lectores dispostos a contarlles un montón de historias aos nosos nen@s de infantil. 
Aquí tedes algunhas imaxes para ver o chula que foi a actividade.
.

lunes, 29 de enero de 2018

PADRIÑOS LECTORES XANEIRO

Chegou xaneiro e con el voltaron as madriñas e padriños lectores, esta vez viñeron cargados cun montón de historias relacionadas coa paz, con valores como a amizade... aquí tedes este collage que resume a boa acollida da actividade entre os máis pequenos!!


viernes, 15 de diciembre de 2017

PADRIÑOS LECTORES DE DECEMBRO

Como cada mes os máis pequerrechos do cole reciben a visita dos padriños lectores!!este vez tocoulles a quenda aos nenos de 3 e 4 anos cos alumn@s de 5º e 6º.
Aquí vos deixamos algunhas fotos!!O vindeiro mes chegarán os padriños lectores da PAZ!!

  
Padriños lectores decembro from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 6 de noviembre de 2017

PADRIÑOS LECTORES NOVEMBRO

Xa estamos de novo aquí cunha das actividades coa que curso tras curso os nen@s do cole pásano xenial!! As MADRIÑAS e PADRIÑOS lectores. Neste mes de novembro fixemos unha selección dos mellores libros de medo, bruxas, pantasmas, cabazas... para festexar o SAMAÍN!! 
Deixámosvos unha selección de fotos, agardamos que vos gusten!!

  
padriños lectores novembro from Departamento de orientación on Vimeo.

sábado, 27 de mayo de 2017

PADRIÑOS LECTORES

CHEGOU MAIO E CON EL OS FESTEXOS DAS LETRAS GALEGAS, E OS NOSOS PADRIÑOS LECTORES NON QUIXERON PERDER A OPORTUNIDADE DE VISITAR AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE CARGADOS CUN MONTÓN DE CONTOS EN GALEGO!!
VELAÍ VOS VAI UN RESUMO.
   
Padriños maio from Departamento de orientación on Vimeo.

E AQUÍ REMATA ESTA ACTIVIDADE...DEICA O VINDEIRO CURSO!!

miércoles, 22 de marzo de 2017

PADRIÑOS LECTORES DE MARZO

Chegou marzo...o mes no que ademáis de entrar na primavera celebramos o DÍA DA POESÍA. E por iso os padriños lectores este mes viñeron cargados de poemas, pareados, rimas...
Uns días soleados nos que o pasamos xenial coas lecturas dos nosos padriños e madriñas.
Aquí tedes un breve resumo!!

miércoles, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe é un día de loita pola igualdade de homes e mulleres, tanto no ámbito público como privado, nos traballos "fóra da casa" e dentro da casa. A igualdade debe ir máis aló dos recoñecementos públicos e legais. Por desgracia ter un dereito recoñecido non é o mesmo que ese dereito sexa respectado.















martes, 21 de febrero de 2017

PADRIÑOS LECTORES DE FEBREIRO

AQUÍ TEDES ALGUNAS DAS IMAXES DOS PADRIÑOS LECTORES DESTE MES DE FEBREIRO ADICADO AO ENTROIDO!!


jueves, 26 de enero de 2017

O ALUMNADO DE 3º ESTIVO NA RADIO PARA FALAR SOBRE A PAZ

O alumnado de 3º participou nun programa de radio da nosa emisora RADIO NOVA, para falar sobre o Día da Paz, e do que traballaron de cara a ese día.
Unha das actividades xirou en torno ao libro O monstro de cores, e trata sobre as emocións e de como identificalas. A outra atividade tratou sobre o libro Soy un punto, que toca a temática da inmigración e da colaboración.



PAZ NA RADIO 2017 from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

miércoles, 25 de enero de 2017

PADRIÑOS LECTORES XANEIRO

Chegou un novo ano e con él continuamos recibindo a visita das madriñas e padriños lectores.
Nesta ocasión aproveitaron que está moi preto o día da PAZ, para traerlle aos mais pequenos un montón de libros relacionados con esta celebración.
Aquí vos deixamos un montón de fotos da actividade!!!!

   
Padriños xaneiro from Departamento de orientación on Vimeo.