viernes, 5 de junio de 2026

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe 5 de xuño conmemórase o Día Mundial Do Medio Ambiente e o alumnado de 1ºB de primaria aproveitou a ocasión para grabar esta marabilla de canción na nosa radio!!!!!

Desfrutade!!!


jueves, 28 de mayo de 2026

TRABALLANDO NA RADIO

 Neste artigo da nosa revista escolar podedes ver a cantidade de cousiñas que fixemos ao longo do curso dende Ondiñas no Cordo!!!




martes, 26 de mayo de 2026

CLUBS DE LECTURA 2º E 3º TRIMESTRE

 Como ben sendo habitual, dende a nosa biblioteca promovemos a realización de clubs de lectura en diferentes modalidades; e no segundo e terceiro trimestre non ía ser diferente e aquí deixamos boa constancia do divertido que poden ser as nosas lecturas!!!!


lunes, 18 de mayo de 2026

A VIAXE DE GOTIÑA

Aquí vos presentamos con moito orgullo o fantástico traballo elaborado polo alumnado de 6º que acaba de recibir o 1º premio no concurso da Deputación de Pontevedra, "A viaxe de Gotiña" promovido para sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de manter e conservar as traídas de augas veciñais que existen nas zonas rurais da provincia, así como para que coñeceran o ciclo desa auga. 

Participaron na categoría de cómic e velaí tedes o gran resultado que os levou a alzarse con 1º premio!!!


sábado, 16 de mayo de 2026

II ROMARÍA - O CORDO VIAXA POR ESPAÑA

Que xornada tan marabillosa a vivida no día de onte, unha mañá compartida entre toda a comunidade educativa onde a cativada do cole, dende os más pequechos ata os mais maiores puideron darlle forma a todo o aprendido durante o curso sobre a súa comunidade e poder compartilo.
Velaí vai un breve resumo que recolle o gran traballo levado a cabo por mestres a alumnado para que fóra unha mañá de 10!!!

 

miércoles, 13 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

 Este ano ademais de adicarlle ás letras Galegas os nosos 21 días en Galego, a conmemoración desta data  non queda aquí, se non que tamén temos unha entrevista moi especial, a que o alumnado de 5º preparou para a súa irmá Bea Caamaño, a través da cal achegámonos un pouco máis á nosa homenaxeada Begoña Caamaño.

Non vola perdades!!!!!!

https://www.ivoox.com/player_ej_173523518_6_1.html

DÍA 19: DEBUXAMOS!




BEGOÑA traballou nos seguintes medios escritos: 


  • Xornais e publicacións periódicas: A Nosa TerraTempos e Novas da Galiza.
  • Revistas especializadas: Festa da Palabra Silenciada (feminista) e DeLiberadaMente (feminista).
  • Outras publicacións: Formou parte do consello de redacción da revista antimilitarista Ar!.

  •  

    martes, 12 de mayo de 2026

    DÍA 18: A BAILAR!





    E animádevos tamén a cantar o retrouxo, cheo de fermosas palabras que describen a Begoña:

    Ai, Begoña, compañeira,
    muller libre e feminista,
    coa alegría por bandeira,
    nos ollos a rebeldía.

     

    sábado, 9 de mayo de 2026

    DÍA 15: CONTAMOS CONTOS EN FAMILIA






    Circe e Morgana son mulleres valentes que deixan de ser personaxes secundarios para converterse nas donas e protagonistas da súa propia historia.
    Begoña ensínanos que, cando as mulleres se axudan e traballan xuntas son moito máis fortes e libres.

    Estas son las obras que dejó Begoña Caamaño como legado en la literatura  feminista gallega

    viernes, 8 de mayo de 2026

    II ROMARÍA - O CORDO VIAXA POR ESPAÑA

    O final do PDI está preto e que mellor que amosar os nosos produtos finais e compartilos con toda a comunidade educativo. Alí vos esperamos!!!!



    DÍA 14: APRENDEMOS UN TRABALINGUAS









    martes, 5 de mayo de 2026

    DÍA 11: DEBUXAMOS AOS NOSOS SERES QUERIDOS



    Carta de despedida de Begoña Caamaño, dirixida a Uxía

    Aquí tedes o debuxo que lle regalaron a Begoña as súas amizades. Ela é a que está no centro, ao carón da súa parella, Joxe Mari.

    sábado, 2 de mayo de 2026

    DÍA 8: UN REFRÁN EN GALEGO!


     

    Aquí podede atopar algúns refráns do mes de MAIO. Aprendede algún para levar ao cole e comezar este mes florido con moita alegría!!


    martes, 28 de abril de 2026

    FEIRA DO LIBRO

     Unha marabillosa xornada compartida cos nosos compañeir@s do CEIP da Reigosa para poñer punto e final á conmemoración do Día do Libro 2026.




    DÍA 4: QUE HAI NA NOSA AULA?


     

    viernes, 24 de abril de 2026

    DÍA DO LIBRO

     Coincidindo coas celebracións do Día do Libro, recibimos no cole a visita de Sabela Fernández Trelles, unha nova xornada de fomento da lectura para o noso alumnado de 1º e 2º ciclo que puideron charlar e mesmo compartir unha breve sesión na nosa radio da man da autora das súas lecturas máis recentes. Unha xornada na que a lectura foi a gran protagonista.


    Aquí vos deixamos a colaboración de Sabela na nosa radio, Ondiñas no Cordo!!



    MAÑÁ COMEZAMOS 21 DÍAS CO GALEGO!!!!

    Ola nenas e nenos!!

    Maña sábado comezamos, por terceiro ano consecutivo, a iniciativa “21 días co galego” no noso cole. Tras a experiencia do ano pasado, no que realizamos o formato oficial, este curso retomamos esta proposta con moita ilusión.

    A actividade desenvolverase do 25 de abril ao 15 de maio, coincidindo a clausura coa celebración da II Romaría do cole. O noso principal obxectivo é fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa, implicando tanto ao alumnado como ás familias.

    Nesta edición, queremos facer unha homenaxe a Begoña Caamaño, figura homenaxeada nas Letras Galegas 2026, achegándonos á súa vida e á súa obra.

    Ao longo destes 21 días propoñeranse retos diarios sinxelos e divertidos, coa intención de que todos e todas participen, se entreteñan e, sobre todo, aproveiten para comunicarse en galego no seu día a día. E tamén para coñecer un pouquiño mellor a Begoña, e animar ás familias a ler a súa obra. 

    Animámosvos a formar parte desta experiencia e a facer do galego unha lingua viva, compartida e presente en cada momento.

    Aquí tedes material para traballar a figura de Begoña Caamaño:

    http://seminariogalan.org/

    https://view.genially.com/69e9eb99a54b79e40b39ff71






    jueves, 23 de abril de 2026

    RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DO LIBRO

     Aquí vos deixamos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS que nos deixa o equipo de Biblioteca neste 23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO.


    https://drive.google.com/file/d/1tqnzO4DR2LfpN27GY5N1_12f_w9N3bVV/view?usp=drive_link





    23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

     Hoxe 23 de abril conmemoramos o DÍA DO LIBRO a nivel mundial co obxectivo, entre outros, de fomentar a lectura; é unha celebración universal promovida pola UNESCO dende o ano 1988.

    Nós hoxe queremos aportar o noso gran de area con este podcast realizado polo alumnado de 2º A de primaria!!

    Agardamos que vos guste!!!!!

    https://www.ivoox.com/player_ej_172451094_6_1.html

    martes, 7 de abril de 2026

    DÍA DA SAÚDE - 7 DE ABRIL

    Dende que no ano 1946 foi proclamada  por parte de 61 membros das nacións unidas a OMS, cada 7 de abril e dende 1950 conmemoramos O DÍA DA SAÚDE xa que esta é un dereito básico e universal e todos deberiamos poder acceder a unha atención sanitaria de calidade.

    Neste 2026 e baixo o lema " Xuntos pola saúde, apoiemos a ciencia" continúase con esta conmemoración e dende o Cordo sumámonos con esta pequena aportación de mans do alumnado de 5ºB de infantil.

    Agardamos que vos guste!!!

    https://www.ivoox.com/player_ej_172002641_6_1.html?c1=e42c2c%22


    lunes, 30 de marzo de 2026

    8M

     Ondiñas no Cordo segue a pleno rendemento, para a nosa conmemoración do 8M fomos un paso máis alá e este foi o resultado, a nosa particular Ruta de Mulleres de Bandeira. Primeiramente levouse a cabo un proceso de acceso á información visitando a nosa biblioteca para indagar a fondo a través de diversas fontes de información. Finalmente deixamos pola vila voces de nenos e nenas que contan historias de grandes mulleres. Se as escoitas...elas falan.

    Escaneando os QR de cada un dos carteis que se atopaban nos diferentes establecementos que se indican no mapa poderedes escoitar as historias que nos contan. Para quen non puido facer a ruta aquí vos deixamos a oportunidade de escoitar as historias destas marabillosas mulleres que abriron camiño!!


    miércoles, 25 de marzo de 2026

    21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA E O SÍNDROME DE DOWN

    Hoxe LIBERAMOS POEMAS, despois dun importante traballo nas aulas preparando pareados marabillosos e reforzando a escritura en verso, colocámolos  na gaiola dos poemas, e hoxe...liberamos e compartimos os nosos poemas, uns poemas diferentes, escritos sobre un pergamino de calcetín para non esquecer que cun cromosoma máis ou cun menos todos somos igual de importantes, como vimos proxectado no conto que o alumnado de 1ºA preparou e grabou para todos nós polo día das persoas con discapacidade, "O conto do elefante".

    E para culminar este día de conmemoracións, alumnado do terceiro ciclo alucinounos cunha regueifa escrita e interpretada por eles onde non se esqueceron de ningunha das datas importantes a conmemorar lembrándonos a todos que o día da árbore, o día en contra do racismo, o día do síndrome de down o e da poesía, deben de ser nomeados!!!



    ANIMACIÓN Á LECTURA

    Hoxe recibimos a visita de Antía Yáñez, unha xornada de reforzo do fomento da lectura onde o alumnado de 3º ciclo puido meterse máis de cheo e en primeira persoa nas fantásticas historias xa lidas, da man da propia autora. Unha xornada diferente onde a lectura foi a protagonista.


    Aquí tedes unha pequena entrevista a Antía na nosa radio, Ondiñas no Cordo!!


    martes, 17 de marzo de 2026

    17 DE MARZO- DÍA DO CÓMIC

    Aproveitando esta data que se estableceu como "Día internacional do cómic", o alumnado de 6º realizou un obradoiro de escritura creativa para iniciarse no mundo da creación da banda deseñada... puxéronlle tantas ganas e empeño que o resultado vai directo ao concurso "A viaxe de gotiña" (https://www.depo.gal/es/-/concurso-escolar-a-viaxe-de-gotina), que sairá de aquí?.....agardamos velo pronto!!!!!!


























    miércoles, 11 de marzo de 2026

    PATRULLAS LECTORAS

    Un curso máis, os nosos maiores non quixeron perder a ocasión de compartir xunto aos peques do cole un ratiño diferente de lectura compartida con estas xornadas de PATRULLAS LECTORAS  das que vos deixamos unhas pincelas a continuación.



    viernes, 6 de marzo de 2026

    8 DE MARZO - DÍA DA MULLER


    O vindeiro domingo día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, aproveitamos esta data para homenaxear a mulleres extraordinarias. Unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que teñen desempeñado unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.

     https://www.ivoox.com/player_ej_169360647_6_1.html?c1=9c44e3%22

    lunes, 23 de febrero de 2026

    23 DE FEBREIRO

    Hoxe 23 de febreiro como ben sabedes conmemoramos o día de Rosalía. Nesta ocasión foi o alumnado de 6º de primaria o que elaborou un estupendo traballo sobre ela, a nosa escritora máis universal, que nesta data cumpriría anos e coincidindo co seu aniversario, amosámosvos este fermoso agasallo que nos brindan a toda a comunidade educativa.

    Velaí vai!!!!


    Aquí vos deixamos tamén o enlace ao podcast en Ondiñas no cordo, a nosa radio, a radio do Cordo, a radio de todos!!!!

    https://www.ivoox.com/player_ej_168729419_6_1.html?c1=94c4cc%22

    jueves, 19 de febrero de 2026

    O DÍA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO





    Un ano máis queremos celebrar O DÍA DE ROSALÍA.
    Aquí vos deixamos propostas para traballar.


    RRCURSOS DE PIDOPAPAS 





    Nesta  páxina podedes atopar máis recursos sobre Rosalía




    Se premedes nestas ligazóns atoparedes ESCOLMAS DE POEMAS de Rosalía.




    CANTAMOS A ROSALÍA

    viernes, 13 de febrero de 2026

    13 DE FEBREIRO DÍA MUNDIAL DA RADIO

    Dende 2012, cada 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio, unha data proclamada polas Nacións Unidas para resaltar a súa importancia e resaltar a súa capacidade de chegar a todos os rincóns do planeta. Dende o Cordo, queremos unirnos a esta celebración e render a nosa particular homenaxe a este medio que nos acompaña cada día.

    Compartimos con vós este marabilloso programa que realizaron os peques de 2ºB para todos os nosos oíntes dende "Ondiñas no Cordo".

    https://go.ivoox.com/rf/168051197?utm_source=embed_audio_new&utm_medium=share&utm_campaign=new_embeds

    viernes, 6 de febrero de 2026

    CHEGA O ENTROIDO!

     Esta semana, celebramos o ENTROIDO no noso colexio. Xa estamos preparadas e preparados para percorrer todo o territorio nacional con esta celebración. 

    Aquí vos deixamos un estupendo traballo do cole Anexa de Lugo, sobre como se celebra esta festividade polo resto de España, 




    MANDADOS DO MECO PARA ESTA SEMANA




    RECURSOS