E-LBE.2 é unha plataforma de lectura e préstamo dixital para centros incluidos en Plambe (plan de mellora de bibliotecas escolares). Esta plataforma ten como obxectivo principal ampliar as experiencias en relación á lectura de toda a comunidade educativa a través da lectura dixital. O Cordo é un dos centros que pertencemos dende fai xa varios anos a PLAMBE e queremos dar a coñecer esta ferramenta.
A través deste tríptico queremos facer chegar unha primeira toma de contacto coa plataforma a toda a nosa comunidade educativa coa que realizaremos ademais no vindeiro trimestre unha breve formación.

