Mirade con moita atención as andainas deste dective. Dará moito que falar.
É un fantástico traballo de Iago coa EEI de Xustáns. Moita Sorte nos premios Olloboi. Seguro que vos vai encantar.
Eres o visitante nº
domingo, 31 de mayo de 2015
jueves, 28 de mayo de 2015
A fraga das árbores das palabras. Episodio Final
Aquí tedes o desenlace da emocionante obra que representaros os compañeiros/as de 6ºB
Aquí tedes outro sitio onde podedes escoitar o final da historia
miércoles, 27 de mayo de 2015
lunes, 25 de mayo de 2015
O NOSO HORTO VERTICAL, O PDI DE INFANTIL
Este ano dentro do Proxecto Documental Integrado, os nenos de infantil aprenderon moitas cousas sobre as plantas aromáticas.
Pero además de aprender divertíronse un montón plantando, regando, facendo talleres de xabón e pan-pizza...
Si queredes saber un pouco máis sobre todas esas cousas que fixeron, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.
Pero además de aprender divertíronse un montón plantando, regando, facendo talleres de xabón e pan-pizza...
Si queredes saber un pouco máis sobre todas esas cousas que fixeron, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.
ANIMACIÓN Á LECTURA CON INACIO
Tivemos unha maravillosa sesión de animación á lectura con Inacio Vilariño e o seu espectáculo Burromaquia. Grazas por facernos pasar un rato tan agradable. Agardamos poder volver contar contigo pronto.
viernes, 22 de mayo de 2015
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE MAIO
Neste mes de maio produciuse a última visita das madriñas e padriños lectores deste curso 2014-2015.
Agardamos que a actividade fose do agrado de todos, tanto dos lectores, os compañeiros máis maiores do cole, coma dos oíntes, os nosos alumnos máis pequerrechos.
Aquí vos deixamos un breve resumo.
O vindeiro curso esperamos poder seguir contando con esta estupenda actividade.
padriños lectores maio from Departamento de orientación on Vimeo.
jueves, 21 de mayo de 2015
A Fraga Das Árbores Das Palabras, Episodio 3
Xa podedes disfrutar do terceiro episodio da obra representada polos rapaces e rapazas de 6ºB
Aquí tedes outro sitio onde podedes escoitar a historia
UN LIPDUB CUNHA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS PARA AS LETRAS GALEGAS
Este lipdub fixérono no CEIP Milladoiro en Malpica de Bergantiños cunha canción de Paco Nogueiras. Agardo que vos guste.
1º CONGRESO GALEGO DE ADOPCIÓN
Os días 29 e 30 de maio terá lugar o 1º Congreso Galego de Adopción en Pontevedra organizado por Manaia, Asociación Galega de Axuda á Adopción. Está dirixido a profesionais, estudantes e familias adoptantes, e ten o obxectivo de achegar a realidade adoptiva de Galicia hoxe en día.
O domingo 31 de maio celebrarase unha xuntanza de familias adoptivas.
Para máis información fai clic aquí.
lunes, 18 de mayo de 2015
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2015
O 20 de marzo de 1963, tres membros da
Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta
histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra
Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade
intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e
Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar
aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia
de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de
perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado
en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega
contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á
nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que
representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de
Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a
data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro
llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
Ao longo destes anos a Real Academia Galega propuxo a aqueles persoeiros que se identificaron coa defensa da nosa lingua e con unha importante produción literaria e intelectual.
Este ano o homenaxeado é Xosé Filgueira Valverde, intelectual moi vinculado coa veciña cidade de Pontevedra,l xa que foi profesor de literatura no instituto, participou na creación do Museo Provincial da cidade, foi presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967 e alcalde de Pontevedra, así como Procurador en Cortes.
Posteriormente durante a democracia tamén ocupou diversos cargos, todos eles relacionados co mundo da cultura.
Conta cunha extensísima obra (máis de 300 títulos entre folletos e libros e de 1000 artigos publicados).
Nos seguintes enlaces podedes descubrir máis sobre este persoaxe:
LIÑA DO TEMPO : http://timerime.com/es/evento/3881675/Nacemento/
FILGUEIRA VALVERDE: http://filgueiravalverde.blogspot.com.es/http:
ACTIVIDADES: http://seminariogalan.org/inicio/portada
DOCUMENTOS E ACTIVIDADES DO CEIP FRIAN TEIS: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)