Curicuxa
Blogue da biblioteca escolar co CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Eres o visitante nº
viernes, 19 de diciembre de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NADAL
viernes, 5 de diciembre de 2025
6 de decembro - Día da Constitución
Chega un ano máis o Día da Constitución e xa celebramos o seu 47º aniversario e medio século de democracia. Para esta ocasión, o alumnado de 4º EP quixemos homenaxeala con este podcast onde a Constitución cobra vida a través dunha entrevista onde podedes aprender moitas cousas sobre ela, velaí vos vai!!!
https://www.ivoox.com/player_ej_163731425_6_1.html?c1=ebdc54%22
Aquí tedes esta fotiño co primeiro exemplar que se enviou ás familias para ler e votar no 1978.
miércoles, 3 de diciembre de 2025
DÍA 3 DE DECEMBRO - DÍA DA DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro é o día internacional das persoas con discapacidade. Para este día o alumnado de 1° A creou un conto, gravouno na radio e tamén elaborou un video do conto cos seus debuxos.
Aquí tedes este fermoso traballo que agardamos vos emocione tanto como a nós!!!
viernes, 28 de noviembre de 2025
NOVEMBRO-MES DA CIENCIA EN GALEGO
Rematando xa o mes de novembro queremos facer un pequeno recap de todo o que os nosos colaboradores e colaboradoras de biblio aportaron a este mes da ciencia en galego.
Traballaron arreo ao longo de todo o mes para preparar unhas sesións de ciencias animadas, divertidas e moi participativas.
Aquí tedes algunhas das actividades.
GRAZAS A TOD@S!!!
martes, 25 de noviembre de 2025
25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe martes, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O alumnado de 3º de Educación Primaria investigou sobre a orixe desta celebración tan importante e descubriu a importancia da historia das Irmás Mirabal coñecidas como “As tres bolboretas”.
Con este Podcast queren facerlle unha gran homenaxe a Patria, Minerva e María Teresa. Convidámosvos a que escoitedes a súa historia no seguinte enlace.
https://www.ivoox.com/player_ej_162770863_6_1.html?c1=9c44e4
Aproveitamos para facervos as seguintes recomendacións lectoras relacionadas co 25N, animádeos a botarlles un olliño que ben seguro atoparedes lecturas marabillosas.
lunes, 24 de noviembre de 2025
ONDIÑAS NO CORDO
Arrancamos a semana con boas novas!!!!! A nosa radio xa ten nome a logo. Velaquí vos presentamos ONDIÑAS NO CORDO, a radio do Cordo Boullosa.
Aproveitamos para dar as grazas a todo o alumnado e ás familias pola participación e polas aportacións que fixeron posible este resultado final!!!
Esta é a nosa radio, a radio de toda a comunidade educativa!!!!
jueves, 20 de noviembre de 2025
20 DE NOVEMBRO - DÍA DOS DEREITOS DO NENO
Dende curicuxa non queriamos esquecernos desta data na que se conmemoran os dereitos do neno; este 20 de novembro os peques de 4º de infantil visitaron a nosa radio para contarnos todas estas cousiñas.... Non perdades detalle!!!!!!! Pinchade no seguinte enlace para escoitalos!!
https://www.ivoox.com/player_ej_162713693_6_1.html?c1=ef216b%22
jueves, 13 de noviembre de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NOVEMBRO
Chegou novembro, mes da ciencia en galego, e dende a biblio queremos facervos unhas recomedacións lectoras que ben seguro vos faran pasar unhas horas de lectura moi entretidas.
miércoles, 5 de noviembre de 2025
OBRADOIROS NA NOSA BIBLIOTECA
Neste curso os colaboradores están máis activos que nunca, e non queren máis que traernos novidades e encher a nosa biblio de cativos e cativas dispostos a ter os ollos ben abertos e non perderse nadiña!!! Aquí podedes ver dous dos seus primeiros obradoiros que foron todo un éxito!!!
jueves, 30 de octubre de 2025
FESTAS DE OUTONO: CHEGA O MAGOSTO
Este ano, no CEIP Manuel Cordo Boullosa, celebraremos o Magosto aprendendo tamén sobre outras festas e tradicións de outono que se fan noutras comunidades de España. Investigaremos como se vive esta época noutras partes do país e descubriremos semellanzas e diferenzas co noso Magosto.
Unha boa maneira de gozar, compartir e seguir aprendendo xuntxs entre castañas, risas e amizades!
Aquí vos deixamos recursos de MAGOSTO, para que aprendades de xeito divertido!!
HISTORIAS DE SAMAÍN
Para poñer o broche final a esta terrorífica semana queremos compartir con vós estas misteriosas historias gravadas con moito agarimo dende a nosa nova radio!!!!
BO SAMAÍN A TOD@S!!!!!!
1º ciclo:
https://www.ivoox.com/player_ej_161480773_6_1.html?c1=f37a2b
2ºciclo:
https://www.ivoox.com/player_ej_161559531_6_1.html?c1=f37a2b
3º ciclo:
https://www.ivoox.com/player_ej_161559584_6_1.html?c1=f37a2b

.jpg)
.jpg)











