domingo, 14 de mayo de 2023

15 de maio: DÍA DAS FAMILIAS

 Tódalas nenas e nenos teñen dereito a medrar en familia. Hoxe en día nas nosas aulas contamos cunha diversidade familiar moi ampla: familias tradicionais, monoparentais, homoparentais, adoptivas, acolledoras, reconstituídas, etc.  E temos a responsabilidade de darlles cabida a todas e facer que o noso alumnado se sinta incluído, independentemente do modelo familiar ao que pertenzan.


O día internacional da familia xorde da conmemoración do ano internacional da familia, que foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1994.

No noso cole adicamos adicamos este mes ás familias, e contamos coa súa colaboración para realizar diferentes actividades con elas. 

Aquí tedes as actividades da vindeira semana.

Grazas, familias!!


Aquí vos deixamos algúns contos coas familias como protagonistas.





 E aquí tedes un fermoso conto para escoitar : "A MELLOR FAMILIA DO MUNDO". 



sábado, 6 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

.
Este ano o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas é o escritor Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego, escritor galego e cofundador da editorial Galaxia foi presidente da Real Academia Galega. 
Debemos agradecerlle que se celebre o Día das Letras Galegas, xa que foi quen promoveu esta idea, ademais de traer a lingua galega ás nosas aulas.

Aquí tedes algunhas páxinas nas que atoparedes a vida e obra do autor.


(Fai clic na imaxe)


Para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñennos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida. Animámosvos a lela e a representala na aula, se vos presta. Vaivos tocar berrar, cantar, bailar...Que mellor maneira de celebrar?

(Fai clic na imaxe)