lunes, 18 de marzo de 2024

RETO 20: LEMOS POESÍA EN GALEGO

 

E seguindo coas árbores, animámosvos a que recitedes poemas nos que as protagonistas son as árbores. 

Aquí vos deixamos unha ligazón cunha escolma de poemas galegos acompañados de fermosas fotografías. 


RETO 19: BUSCAMOS UNHA ÁRBORE EN GALEGO

 

Esta semana, concretamente o día 21, celebraremos o Día Mundial da Árbore. Pedímosvos como reto que traiades ao cole o nome dunha árbore en galego. Hai moitas!!!

viernes, 15 de marzo de 2024

RETO 18: COMPARTIMOS UNHA CANTINELA PARA BOTAR AS SORTES

 





Aquí tedes unha páxina para consultar as cantinelas.
Aquí tedes un vídeo no que podedes ver como se fan os sorteos para xogar.

jueves, 14 de marzo de 2024

Reto 16 e 17: Cine en familia “VALENTINA”




Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións— anímaa sempre a perseverar: Si os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!

Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!

Aquí tedes a ligazón para vela en galego

Reto 15: CONTAMOS/LEMOS CONTOS EN GALEGO


 

Reto 14: Aprendemos a segunda estrofa do himno galego


 

miércoles, 13 de marzo de 2024

RETO 13: Bailamos a muiñeira con Luis, Chasua e Davinia




Sabías que?

 A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. A súa orixe é  discutida, pero comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que o millo estivese a punto, e para pasar o tempo de bailaban.

viernes, 8 de marzo de 2024

8M: día da MULLER: DEPORTISTAS GALEGAS



O 8M temos moito que celebrar. É o día da muller traballadora, e dende o cole, aproveitando que estamos a traballar o deporte, queremos homenaxear as mulleres deportistas galegas. E para iso elaboramos un vídeo dándolles a volta a expresións machistas que as quixeron frear nas súas carreiras deportivas, mais non o conseguiron!! Por que?  Porque ás nenas  non hai quen as pare! Ser nena e ser muller é un orgullo!

Aquí tedes acceso a información sobre deportistas galegas


martes, 5 de marzo de 2024

6 de MARZO- Reto 6: Contamos chistes na clase


 

Aquí podedes atopar chistes en galego: 

https://lopedeblogue.blogspot.com/2013/04/en-galego-con-humor_21.html

domingo, 3 de marzo de 2024

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Para celebrar o día de Rosalía de Castro elaboramos distintas viñetas coa vida da poeta e puxémoslles voz da man do alumnado voluntario da Biblioteca e demais alumnado do colexio. 
As nenas e nenos de 2º e 6º de Primaria recitáronlles e cantáronlles poemas ao alumnado de Infantil e 1º. Durante toda a semana homenaxeamos a Rosalía nas nosas aulas a través dos seus poemas, recitados ou cantados e de outras actividades que realizamos sobre a súa biografía e a súa obra. 
Cada ano encántanos celebrar a data do seu nacemento, aínda que Rosalía está presente tódolos días nas nosas aulas. 







viernes, 1 de marzo de 2024

CALENDARIO 21 DÍAS EN GALEGO

 

Este é o calendario coas actividades que iremos facendo tanto no colexio coma nas casas. 


Aquí vos deixamos a música que soará no patio durante estes días. Agardamos que vos guste. 


AQUÍ PODEDES ACCEDER A CANCIÓNS EN GALEGO