domingo, 31 de mayo de 2015

UN CASO APARTE

Mirade con moita atención as andainas deste dective. Dará moito que falar.

É un fantástico traballo de Iago coa EEI de Xustáns. Moita Sorte nos premios Olloboi. Seguro que vos vai encantar.


jueves, 28 de mayo de 2015

A fraga das árbores das palabras. Episodio Final

Aquí tedes o desenlace da emocionante obra que representaros os compañeiros/as de 6ºB Aquí tedes outro sitio onde podedes escoitar o final da historia

miércoles, 27 de mayo de 2015

O BOSQUE. A HORTA GLOBAL. 2º CICLO

O 2º ciclo elaborou o seguinte traballo sobre o bosque, para poder velo fai click AQUI.


lunes, 25 de mayo de 2015

O NOSO HORTO VERTICAL, O PDI DE INFANTIL

Este ano dentro do Proxecto Documental Integrado, os nenos de infantil  aprenderon moitas cousas sobre as plantas aromáticas.
Pero además de aprender divertíronse un montón plantando, regando, facendo talleres de xabón e pan-pizza...
Si queredes saber un pouco máis sobre todas esas cousas que fixeron, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.





ANIMACIÓN Á LECTURA CON INACIO

Tivemos unha maravillosa sesión de animación á lectura con Inacio Vilariño e o seu espectáculo Burromaquia. Grazas por facernos pasar un rato tan agradable. Agardamos poder volver contar contigo pronto.



viernes, 22 de mayo de 2015

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE MAIO

Neste mes de maio produciuse a última visita das madriñas e padriños lectores deste curso 2014-2015.
Agardamos que a actividade fose do agrado de todos, tanto dos lectores, os compañeiros máis maiores do cole, coma dos oíntes,  os nosos alumnos máis pequerrechos.

Aquí vos deixamos un breve resumo.
O vindeiro curso esperamos poder seguir contando con esta estupenda actividade.


padriños lectores maio from Departamento de orientación on Vimeo.

jueves, 21 de mayo de 2015

A Fraga Das Árbores Das Palabras, Episodio 3

Xa podedes disfrutar do terceiro episodio da obra representada polos rapaces e rapazas de 6ºB Aquí tedes outro sitio onde podedes escoitar a historia

UN LIPDUB CUNHA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS PARA AS LETRAS GALEGAS

Este lipdub fixérono no CEIP Milladoiro en Malpica de Bergantiños cunha canción de Paco Nogueiras. Agardo que vos guste.


1º CONGRESO GALEGO DE ADOPCIÓN



Os días 29 e 30 de maio terá lugar o 1º Congreso Galego de Adopción en Pontevedra organizado por Manaia, Asociación Galega de Axuda á Adopción. Está dirixido a profesionais, estudantes e familias adoptantes, e ten o obxectivo de achegar a realidade adoptiva de Galicia hoxe en día.
O domingo 31 de maio celebrarase unha xuntanza de familias adoptivas.
Para máis información fai clic aquí.

lunes, 18 de mayo de 2015

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2015





 O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
Ao longo destes anos a Real Academia Galega  propuxo a aqueles persoeiros que se identificaron coa defensa da nosa lingua e con unha importante produción literaria e intelectual.
Este ano o homenaxeado é Xosé Filgueira Valverde, intelectual moi vinculado coa veciña cidade de Pontevedra,l xa que foi profesor de literatura no instituto, participou na creación do Museo Provincial da cidade, foi presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967 e alcalde de Pontevedra,   así como Procurador en Cortes.
Posteriormente durante a democracia tamén ocupou diversos cargos, todos eles relacionados co mundo da cultura.
Conta cunha extensísima obra (máis de 300 títulos entre folletos e libros e de 1000 artigos publicados).

Nos seguintes enlaces podedes descubrir máis sobre este persoaxe:
DOCUMENTOS E ACTIVIDADES DO CEIP FRIAN TEIS: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/