domingo, 27 de marzo de 2011

AS NENAS E NENOS DO S. XXI

Este vídeo pretende facernos reflexionar sobre a visión da aprendizaxe das nenas e nenos do s.XXI, así como dos retos que se lles plantexan.

lunes, 7 de marzo de 2011

UN XOGO PARA FACER PENSAR

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Corvera de Asturias  crearon un xogo que ten coma  obxectivo dar a  coñecer o noso mundo a través de una perspectiva intercultural.

domingo, 6 de marzo de 2011

ENTROIDO

O CEIP Outeiro das Penas en Cesantes (Redondela) fixo un xogo moi interesante sobre o entroido se queres xogar clica na careta


E Sara unha mestra do CRA RAÍÑA ARAGONTA (SALCEDA DE CASELAS)  tamén fixo outro que nos axudará a coñecer máis sobre o Entroido. Gracias Sara:


Aquí podedes ver algúns vídeos sobre o entroido en Galiza:




sábado, 5 de marzo de 2011

UNHA CURTAMETRAXE MOI FERMOSA

Sempre se dixo que todos tiñamos un don e que o máis importante era decatarnos de cal é e fomentalo. Grazas ao blog trafegandoronseis.blogspot.com descubrín unha curtametraxe que dun xeito moi bonito fala precisamente do don co que nacemos e de que debemos estar preparados para aceptalo e loitar por el.

martes, 1 de marzo de 2011

RECOÑECEMENTO DOS ESCRITORES E ILUSTRADORES GALEGOS

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) propuxo ao escritor galego Agustín Fernández Paz como candidato español ao Premio Andersen, que concede o IBBY (International Board on Books for Young People) cada dous anos como recoñecemento a unha “contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil” dun escritor e dun ilustrador. Este prestixioso premio é considerado como o Nobel da literatura infantil e é patrocinado pola raíña Margarita de Dinamarca.

Para saber máis: XORNAL.COM
Agustín Fernández Paz


Ademáis, entre os quince ilustradores que presenta a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil á Bienal da Ilustración de Bratislava, encóntranse tres galegos: Anxo Fariña por “No castelo de Mabel” ; David Pintor, por “Cuentos para niños que se duermen enseguida” (Kalandraka), e a Kristina Sabaite por “Mamá cabra ola, ola la!” (Galaxia).

Anxo Fariña


Por outra parte, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil propuxo a Fina Casalderrey e Miguelanxo Prado para o Premio Astrid Lindgren, que concede o goberno sueco.
Miguelanxo Prado

Fina Casalderrey