viernes, 29 de noviembre de 2013

domingo, 24 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

http://biblogcaniza.blogspot.com.es/p/dia-internacional-contra-violencia-de.html
Moitos centros de Galicia elaboraron materiais cos que se posicionan contra a violencia de xénero.
 CE.I.P. de Frián - Teis : elaboraron un documento no que nos falan da orixe deste día.
I.E.S. San Paio: Propoñen enterrar esta lacra da nosa sociedade.

Tamén podedes ver estes vídeos:




PARA ELAS E ELES



ES HORA DEEMPEZAR A ANDAR:


jueves, 21 de noviembre de 2013

UNHA RECOMENDACIÓN LECTORA: O HOME QUE ABRAZABA ÁS ÁRBORES

 
Aconséllovos este libro que puiden atopar na biblioteca do Concello de Ponte Caldelas. O seu autor é Ignacio Sanz e pertence a unha colección de títulos premiados editada pola Editorial Edelvives. Ten tamén unhas maravillosas ilustracións de Ester García.
Grazas polo consello Ana, ¡é fantástico!
Resumo do argumento:
Felicidad, unha nena que vive en Piñares, conta a vida de Marcial, o seu veciño, un vello e carismático leñador que acude cada día ó monte a recoller leña. A nena  acompañao os sábados e entre eles establecese unha relación moi cálida gracias ás fascinantes historias que Marcial lle conta, especialmente as vividas en Canadá país no que pasou una temporada e aprendeu o seu oficio.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

ASÍ É A NOSA BIBLIOTECA

Sabemos que o uso da Biblioteca é unha das mellores cousas que temos no cole. Así que queríamos amosarvos como funciona. Pois ben, como non se nos ocorría nada,  decidimos facer un vídeo promocional. Costounos un pouquiño, porque non somos actores profesionais, pero creeemos que quedou bastante xeitoso.
Xulgar vós mesmos, esperemos que vos guste.
Ahhh, a nón encantounos facelo!!!

viernes, 8 de noviembre de 2013

domingo, 3 de noviembre de 2013

CHEGOU O SAMAÍN

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.      
A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. 





http://www.xunta.es/linguagalega/outono_materiais_e_recursos







http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html