Con motivo da celebración do "Día da muller" o 8 de marzo dende o CEIP Manuel Cordo Boullosa realizáronse numerosas actividades, todas moi interesantes, pero queremos destacar o gran traballo levado a cabo polo alumnado de 3º e 4º de educación primaria que investigaron e entrevistaron a varias mulleres veciñas da nosa localidade e crearon este monográfico titulado "Muller tiñas que ser".
Eres o visitante nº
miércoles, 7 de abril de 2021
martes, 6 de abril de 2021
Semana da prensa
Semana da prensa
Do 8 ao 12 de marzo organizáronse diferentes actividades relacionadas coa prensa e como produto final elaboramos a primeira revista da "Semana da prensa" na que podedes atopar artigos relacionados co día internacional da muller e información e consellos sobre alimentación saudable e coidado do medio ambiente.
Agardamos que a desfrutedes!!!
viernes, 2 de abril de 2021
2 de abril: Día do libro infantil e xuvenil
O 2 de abril conmemórase o
Día do Libro Infantil e Xuvenil
en homenaxe ao nacemento de Hans Christian Andersen
Dende Bibliotecas Escolares lémbrannos:
O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é EEUU que difunde a mensaxe de Margarita Engle, lustrada por Roger Mello: A música das palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de María Canosa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)