martes, 24 de mayo de 2011

VISITA DE GUSTAVO DACAL

O lanzador de xavalina Gustavo Dacal, campión de Galicia e de España en 10 ocasións! Estivo connosco para falarnos do seu deporte, e da súa vida como deportista. Nestes momentos nos que da a sensación de que só existe un deporte, e de que a vida do deportistas está rodeada do éxito, é moi de agradecer que alguén con tantos triunfos nos de unha lección de realidade. O deporte, e especialmente o deporte de alta competición, precisa de esforzo diario, de dedicación diaria, tendo en conta que a pesar deste sacrificio non sempre recollemos os premios desexados. Pero esto non so acontece no deporte, senón tamén na vida en xeral. Aínda así os logros acadados despois de moito esforzo son os que mellor saben, os que mellor valoramos. Aquilo que obtemos sen esforzo, so con pedilo, non ten o mesmo significado.
Grazas Gustavo, por ser un gran campión, dentro e fora das pistas, e grazas por adicarnos un tempo tan valioso.


ENTREGA DE PREMIOS AOS "LEONS" DO COLE

O pasado venres, coma xa víñamos facendo en cursos anteriores, entregamos os premios aos mellores lectores do presente curso. Quixera salientar o cada vez maior número de préstamos realizados dende a biblioteca, tanto é así que si sumamos os libros lidos polos seis gañadores suman a cantidade de: 160 libros  .
Estos foron os gañadores:
1º Alejandra Solla Vázquez.
2º Cecilia Ángel Reimúndez.
3º Noelia Domínguez Rajo.
4º Noa Rodríguez Bordóns.
5º Alba Navarro Albán.
6º Cristian Lorenzo Cernadas.
GRAZAS A TODOS POR SER OS MÁIS "LEÓNS" DA BIBLIOTECA.




jueves, 19 de mayo de 2011

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

Hoxe, lendo o correo topei unha referencia ao blog  MESTURAS, visiteino e puiden ver este video sobre o Galego. Aconséllovos que o vexades, a min fíxome reflexionar sobre o noso idioma e como o percibimos.
Agardo que vos guste




E pensando, pensando aquí tedes outro video para seguir pensando:

E despois de que nos fagan pensar un pouco tamén podemos escoitar aos alumnos do IES Salvaterra do Miño, que interpretan esta canción para celebrar o día das letras galegas.



GRAZAS AOS PLAMBEEIROS POLA INFORMACIÓN, GRAZAS AO IES SALVATERRA DO MIÑO E GRAZAS AO BLOG MESTURAS DO IES SANCHEZ CANTÓN.

viernes, 6 de mayo de 2011

ERNESTO SÁBATO



Ernesto Sábato, o gran escritor arxentino autor de obras extraordinarias coma "Sobre héroes y tumbas" e "El túnel" que presidiu a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Personas en Arxentina, faleceu na madrugada do sábado 30 de abril.
Fillo de pai italiano e nai albanesa, é considerado coma un dos máis importantes escritores da literatura latinoamericana. Obtivo o Premio Cervantes en 1984.
A súa vida e a súa obra non se comprenden sen ter en conta a súa faceta de loitador polos dereitos humanos e o seu compromiso contra a dictadura militar que gobernou Arxentina entre 1976 e 1983. Pero este compromiso estivo salpicado de situacións que deron lugar a situacións e declaracións contraditorias.
Despois da ditadura, Ernesto Sábato recibiu o encargo do primeiro presidente democrático, Raúl Alfonsín, de encabezar a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas. O equipo de investigación da Comisión recolleu os testimonios e documentou 8.960 desaparicións e a existencia de 340 centros de detención ilegal e tortura. O informe coñecido como "Informe Sábato", foi entregado ao presidente Alfonsín o 20 de setembro de 1984 e deu orixe ao procesamento e condena dos máximos responsables das xuntas militares da ditadura, que foron enviados ao cárcere.
Sufriu durante moito tempo unha forte depresión e pasou os últimos anos sen escribir pero adicado á pintura, que era a súa segunda vocación artística.

"Cuando me muera, quiero que me velen acá, para que la gente del barrio pueda acompañarme en este viaje final... Y quiero que me recuerden como un vecino, a veces cascarrabias, pero en el fondo un buen tipo... Es a todo lo que aspiro".   
Ernesto Sábato

miércoles, 4 de mayo de 2011

LENDO A VERNE

Co gallo do día do libro, este ano no CEIP M. Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, organizamos varias actividades adicadas a Julio Verne.
Unha destas actividades consistirá na lectura continuada da obra 20.000 leguas de viaxe submarino na biblioteca do centro. Ao longo do xoves 5 e do venres 6 todo o alumnado lerá, consecutivamente esta obra seguindo, aproximadamente este horario:
Xoves 5 :
  • Ed. Infantil 4 anos B e 5 anos A e B: entre as 9 e as 10 horas
  • 5º e 6º de Ed. Primaria : entre as 10 e as 12  horas.
  • 3º A e B de Ed. Primaria: entre as 12´30 e as 14 horas
Venres 6
  • Ed. Infantil 4 anos A e 3 anos A e B: entre as 9 e as 10 horas
  • 1º e 2º de Ed. Primaria: entre as 10 e as 12  horas.
  • 4º Ed. Primaria: entre as 12´30 e as 14 horas.
Convidamos a todas as nais e pais que queiran asistir e/ou participar nela a que o fagan. Poderán facelo en calquer horario entre as 9 e as 14 horas do xoves ou do vernes.

Moitas grazas.

domingo, 1 de mayo de 2011

1 de Mayo día do traballo

O 1º de maio celébrase o Día Internacional do traballo en todolos países do mundo. Dende a revolución industrial, os obreiros loitan por mellores condicións laborais. O 1º de maio de 1886 en Chicago, un grupo de dirixentes e traballadores anarquistas fixeron unha folga para reclamar a xornada laboral de oito horas e que as condicións do traballo melloraran. Houbo enfrontamentos violentos, e como consecuencia varios mortos e centenares de feridos.
Aqueles líderes anarquistas foron xulgados e condenados. Anos despois, chamáronlles  "Os Mártires de Chicago".

O I Congreso da Internacional Socialista, reunido en París, decidiu declarar o 1º de maio de 1889 "día mundial da loita obreira", en conmemoración da masacre de Chicago. Un ano despois, obreiros de todas as partes do mundou manifestaronse  por primeira vez o Día dos Traballadores.
Algún dos logros conseguidos pola clase traballadora son pertencer a un sindicato que os defenda das inxustizas patronais, contar con servizo médico, así como con incapacidades por accidentes ou enfermidades, obter indemnizacións, xubilacións, días de descanso semanais, vacacións, xornadas de 8 horas de traballo, soldos e trato xustos. É xusto rendirlle unha homenaxe a aquelas persoas que deron a súa vida porque se recoñeceran estes dereitos.

PRIMEIRO DOMINGO DE MAIO: DÍA DA NAI

O primeiro domingo de maio é o día no que temos máis presente o que queremos ás nosas nais, facémoslles un agasallo, portámonos especialmente ben, recordamos que é a máis guapa, a que mellor nos cura as feridas, a que mellor nos peina,... Pero debemos lembrar que :

O DÍA DA NAI É TODOLOS DÍAS DO ANO, porque ela é nai todolos días do ano non só un, así que aínda que só lle fagamos un regalo o primeiro domingo de maio, DEBEMOS QUERELA TODOLOS DÍAS.  ¡ TODOS !