martes, 24 de mayo de 2011

VISITA DE GUSTAVO DACAL

O lanzador de xavalina Gustavo Dacal, campión de Galicia e de España en 10 ocasións! Estivo connosco para falarnos do seu deporte, e da súa vida como deportista. Nestes momentos nos que da a sensación de que só existe un deporte, e de que a vida do deportistas está rodeada do éxito, é moi de agradecer que alguén con tantos triunfos nos de unha lección de realidade. O deporte, e especialmente o deporte de alta competición, precisa de esforzo diario, de dedicación diaria, tendo en conta que a pesar deste sacrificio non sempre recollemos os premios desexados. Pero esto non so acontece no deporte, senón tamén na vida en xeral. Aínda así os logros acadados despois de moito esforzo son os que mellor saben, os que mellor valoramos. Aquilo que obtemos sen esforzo, so con pedilo, non ten o mesmo significado.
Grazas Gustavo, por ser un gran campión, dentro e fora das pistas, e grazas por adicarnos un tempo tan valioso.