O pasado venres (perdoade polo atraso os alumnos e alumnas de 5º do noso cole foron padriños e madriñas por un día. Cada neno e nena de quinto leulle un conto a un neno e nena de Ed. Infantil de 5 anos.
Xuntos buscaron un lugar agradable, sentaron no patio e durante uns intres disfrutaron da lectura dun libro, un lendo a un público atento e o outro escoitando a un lector apasionado.
Uns e outros pasaron uns momentos moi agradables en torno a un libro, e nos, os profesores vimos como o esforzo invertido na lectura tiña quizáis a mellor das recompensas: Velos lendo, gozando da lectura e transmitindo esa ledicia a outros.
GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS.