miércoles, 18 de diciembre de 2013

CHEGA O NADAL

Un ano máis chega o Nadal á nosa biblioteca. Ollade esta guía de libros relacionados con estas datas. Podédelos consultar na biblio cando queirades.








Damos as grazas a Paco Nogueiras polos seus videos e especialmente por este sobre o Apalpador:

domingo, 15 de diciembre de 2013

POR QUÉ LER?

Ollade este fantástico video sobre as razóns para ler. Foi feito por Sebastián G. Mouret. Aconséllovos que visitedes o seu blog: El coleccionista de Mundos.


domingo, 8 de diciembre de 2013

NELSON MANDELA

Ata sempre Madiba


Acaba de finar Nelson Mandela un dos símbolos da loita pola igualdade dos seres humanos, igualdade entre os que teñen unha cor de pel diferente pero tamén entre os que teñen recursos e aqueles que carecen deles. Pasou 27 anos na cadea por loitar por estas ideas. Ao saír non buscou vinganza ou revancha, podéndoo facer pois saiu do cárcere para ser presidente de Sudáfrica, senon que puxo a súa mirada no futuro e quixo construir un país en paz, que non esquenza pero que non quede ancorado na vinganza e a probreza. Hoxe en día todavía queda moito por construir en Sudáfrica e en todo o mundo, porque as desigualdades, a pobreza, a inxustiza e outros males seguen no mundo sabemos que se poñemos o noso empeño en combatilos poderemos derrotalos.



 "A pobreza non é natural. Foi creada polo home e pode superarse e erradicarse mediante accións dos seres humanos. E erradicar a pobreza non é un xesto de caridade. É un acto de xustiza" (Nelson Mandela)

Podedes ver algunha película que vos pode achegar a figura de Nelson Mandela como: "Mandela e De Klerk", "Adeus Bafana" ou a recente "Invictus".
A película "Grita Liberdade" tamén nos achega á Sudáfrica dirixida polo réxime racista do apartheid a través das figuras de Stephen Biko e dun xornalista.

Aqui podedes ver unha biografía de Madiba.







domingo, 1 de diciembre de 2013

Descenso ó barranco do Diaño

Aconséllovos este libro que dun xeito moi ameno nos introduce no vocabulario xeográfico. Se clicades na imaxe tamén podedes consultar material complementario

http://algareditorial.com/tl_files/pdfs/propdida/25003.pdf