jueves, 20 de diciembre de 2018

CONSELLOS LECTORES PARA ESTE NADAL

Inicio do PDI

Este ano para motivarnos no inicio do proxecto anual: EMOCIONARTE, decoramos as nosas bibliotecas de aula....quedaron xenial!! podedes velas no seguinte video:
Bibliotecas de aula from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 17 de diciembre de 2018

PADRIÑOS LECTORES DO NADAL

Están a piques de chegar xa as merecidas vacacións de NADAL e por iso os nosos padriños e madriñas lector@s fixeron unha visita por infantil para lerlles aos cativos/as un montón de contos relacionados con esta época de ano; o nadal, os bonecos de neve, os reis... foron os protagonistas duns ratiños de lectura moi fermosos.


PADRIÑOS LECTORES NADAL from Audición y lenguaje on Vimeo.

martes, 27 de noviembre de 2018

SAMAÍN

As nenas e nenos de 5º e 6º tivemos un día de Samaín terrorífico!!
Que medo!! 😬😬

O alumnado de terceiro



O alumnado de 3º de primaria estivemos traballando en Ciencias Naturais  “A alimentación”. Para afondar máis no tema fixemos unha merenda moi saudable onde puidemos probar froitas que non coñecíamos como a feixoa,  o mango, a granada, a papaia... entre outras.

Encantounos a experiencia!




Cata de froita from jmcarguez on Vimeo.

lunes, 5 de noviembre de 2018

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con poesías. Todo o alumnado do centro creou uns poemas e puxémolos en común, acompañándonos con música.



PADRIÑOS LECTORES

Por fin chegaron de novo as madriñas e os padriños lectores e viñeron cargados de contos de bruxas, monstruos, cabazas.... unha morea de libros de samaín para pasar un bo anaco cos máis pequenos do cole.
Aquí vos deixamos un resumo destas xornadas adicadas aos
PADRIÑOS LECTORES DO SAMAÍN.


Untitled from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 1 de noviembre de 2018

UNHA ANDAINA POLO BOSQUE

O alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha andaina polo bosque no que ademais de camiñar, disfrutar da nosa natureza, aprender moitas cousas practicamos a escultura e tamén algo sobre cine con emoción.







miércoles, 27 de junio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO

Para conmemorar o días das Letras Galegas, que este ano está adicado a María Victoria Moreno, organizamos uns contacontos en diferentes recantos do colexio. A esta actividade chamámoslle "Os tres falares", e en cada un deles as mestras e mestres representamos unha obra da escritora homenaxeada.
Tivo moi boa acollida por parte do alumnado do centro.


jueves, 24 de mayo de 2018

PADRIÑOS LECTORES

Chegou o mes de maio e con el, os últimos padriños lectores deste curso. Así foi como gozaron os mais pequenos das lecturas duns fermosos contos para conmemorar o Día das Letras Galegas, nunha estupenda mañá soleada.

Saudiños e deica setembro**


PADRIÑOS LECTORES MAIO from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 14 de mayo de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO


María Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura. María Victoria Moreno é a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963. (texto extraído da páxina web do Seminario Galán),

Podemos atopar moita información nos seguintes enlaces:








miércoles, 2 de mayo de 2018

PADRIÑOS LECTORES DE ABRIL

Neste mes de abril e coincidindo co Día do Libro aos alumnos de 5º e 6º tocoulles ser as madriñas e padriños lectores do mes, e cargados cun montón de contos clásicos e nunha fermosa mañá primaveral, pasaron un bo anaco léndolles aos máis pequenos do cole.


Padriños lectores ABRIL from Audición y lenguaje on Vimeo.

viernes, 27 de abril de 2018

O ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARA FIXO PAN PIZZA

O alumnado de 4º no marco do PDI  sobre Italia levou a cabo unas "xornadas gastronómicas" de pan pizza.


PAN PIZZA from jmcarguez on Vimeo.

jueves, 26 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO NO CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA

Ao longo desta semana contamos cunha exposición na biblioteca, na que podedes ver exemplares de libros antigos, curiosos ou simplemente diferentes.
Queremos agradecer a toda a comunidade escolar a súa participación nesta iniciativa que desexamos que vos gustase moito.
Por outro lado convidarvos a que cando queirades, pasedes por alí e lle botedes un ollo aos curiosos exemplares que aportastes.

UN CURI-SAÚDO



miércoles, 25 de abril de 2018

CAZANDO ESTRELAS CON MARÍA CANOSA


O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria estivo compartindo as súas vivencias sobre o libro A cazadora de estrelas, coa súa autora María Canosa.

Foi unha gran experiencia na que aprendimos que os libros non rematan no final senón que poden seguir evolucionando na imaxinación das lectoras e lectores.


Cazando estrelas con María Canosa from jmcarguez on Vimeo.





domingo, 22 de abril de 2018

FANTÁSTICO TRABALLO DO CEIP CARBALLAR

TODA a comunidade educativa do CEIP Carballal participou na elaboración deste video de homenaxe a MARIA VICTORIA MORENO, a autora homenaxeada este ano no día das Letras Galegas. O videoclip titúlase "Xa non teño medo".
Grazas  por este traballo.


miércoles, 21 de marzo de 2018

PADRIÑOS LECTORES EN MARZO

Aproveitando que nesta semana festexamos o Día da Poesía, esta vez as madriñas e padriños lectores viñeron cargados de contos con rimas, poemas... os máis cativos do cole estiveron moi atentos e atentas a todas as lecturas, podedes velos neste pequeno collage de fotos.


domingo, 11 de marzo de 2018

O ALUMNADO DE 4º HOMENAXEOU A MESTRA E INVENTORA ÁNGELA RUÍZ ROBLES NO DÍA DA MULLER

O alumando de 4º elaborou este vídeo polo día da muller sobre Ángela Ruíz Robles. Esta mestra e inventora, posuía un gran talento, que como no caso de tantas e tantas mulleres, foi silenciado. Ademáis, foi unha muller preocupada pola educación e a mellora das condicións do alumnado da época. 
É importante que lles rindamos homenaxes a mulleres que como ela non recibiron o recoñecemento que merecía na súa época, pero tamén é importante que aprendamos como sociedade para que as seguintes xeracións non teñan que facer homenaxes póstumos. 
Homes e mulleres deben poder vivir e desenvolverse en igualdade. Deben poder acceder en igualdade de oportunidades  aos mesmos traballos, recibindo o mesmo salario e nas mesmas condicións laborais. 



miércoles, 7 de marzo de 2018

8 DE MARZO: DIA DA MULLER

O día 8 de marzo celebramos o día da muller. Neste vídeo podedes aprender algo sobre a orixe desta data:
A biblioteca "Saturnino Hermida" do IES Concepción Arenal de Ferrol elaborou un traballo moi interesante sobre a historia desta data. Podédelo consultar aquí: http://bibliotecash.blogspot.com.es/2018/03/dia-da-muller-ii-historia-das-mulleres.html





Neste vídeo tamén podedes ver algunhas lecturas relacionadas con este día e coa igualdade:





Por que a igualdade é necesaria xa que ao longo da historia son moitos os casos nos que as mulleres foron silenciadas nas súas achegas ao mundo da arte, da ciencia,....
Neste enlace podedes comprobar algúns destes casos:

https://elpais.com/elpais/2018/02/26/album/1519649002_373020.html#foto_gal_3

Porque son moitas as mulleres que neste momento loitan por ser recoñecidas no seu traballo en igualdade ca os homes. Un primeiro paso que todos debemos dar é compartir as tarefas do fogar, porque son cousa de todos.

Consultade o portal da ciencia galega e poderes ver a necesidade de avanzar na igualdade, para que non se perdan o talento de moitas mulleres.
http://www.gciencia.com/?s=mulleres 

No portal da cultura galega podemos aprender moito sobre mulleres que destacaron en diferentes ámbitos da cultura: http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=28


Finalmente aquí podedes consultar unha páxina con recomendacións sobre literatura galega para a igualdade: https://www.pinterest.es/pilarsampedro2241/rapazas-25-literatura-infantil-galega-para-a-igual/





lunes, 26 de febrero de 2018

O DÍA DE ROSALÍA

O sábado día 24 Rosalía de Castro estivo de aniversario. Cumpríronse  181 anos desde o seu nacemento, o 24 de febreiro do ano 1837, en Santiago de Compostela.
Rosalía de Castro é unha das grandes poetisas da literatura universal; e unha das principais responsables do movemento O Rexurdimento, que buscaba recuperar o respecto pola nosa lingua, darlle o valor que ten como parte de nós, da nosa cultura e da nosa historia. É tal a súa importancia que escolleuse o 17 de maio para celebar o día das Letras Galegas na mesma data na que se publicou un dos seus libros máis importantes: "Cantares Galegos".



Para esta data moitos centros educativos de Galicia realizaron traballos para recordar a súa obra. Aquí podedes ver algúns:








PADRIÑOS LECTORES DE FEBREIRO

De novo chegaron as madriñas e padriños lectores dispostos a contarlles un montón de historias aos nosos nen@s de infantil. 
Aquí tedes algunhas imaxes para ver o chula que foi a actividade.
.

viernes, 2 de febrero de 2018

FASE DE MOTIVACIÓN PDI

Como vimos facendo nestes útimos anos, continuamos neste curso traballando co PDI (proxecto ducumental integrado), este ano cun tema que aos nosos alumnos estalles resultando moi motivador, "A volta ao mundo en 80 días". E para comenzar na fase de motivación que mellor que poñernos a decorar as nosas biblios de aula!! Están quedando chulísimas.... velaí as tedes!!!!!!


                            

lunes, 29 de enero de 2018

PADRIÑOS LECTORES XANEIRO

Chegou xaneiro e con el voltaron as madriñas e padriños lectores, esta vez viñeron cargados cun montón de historias relacionadas coa paz, con valores como a amizade... aquí tedes este collage que resume a boa acollida da actividade entre os máis pequenos!!