viernes, 16 de diciembre de 2016

PADRIÑOS LECTORES

Xa chegou decembro...e con el a visita das madriñas e padriños lectores do Nadal que viñeron cargadiños de contos estupendos da nosa biblio e que lles encantaron aos máis pequenos!!
Aquí vos deixamos un video resumo da visita!!

  
Padriños diciembre from Departamento de orientación on Vimeo.

martes, 29 de noviembre de 2016

PADRIÑOS LECTORES DE NOVEMBRO

Como cada ano dende a biblioteca promovemos a actividade dos PADRIÑOS LECTORES!! Unha actividade moi ben acollida  por grandes e pequenos! Neste mes de novembro arrancamos coa primeira visita dos nosos particulares PADRIÑOS e MADRIÑAS con lecturas do outono e do samaín!!
Velaí vos vai un resumo, agardamos a visita do vindeiro mes.


Padriños novembro from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 28 de noviembre de 2016

DEPORTE ESCOLAR

Chegou de novo o deporte escolar!!E os alumnos/as de 3º non quixeron perder esta saída.
Participaron o pasado venres 25 de novembro e aquí vos deixamos algunhas imaxes que recollen o ben que o pasaron!!

   
Deporte escolar from Departamento de orientación on Vimeo.

25 N EN POSITIVO. UN BICO SOLIDARIO

Dende a biblioteca da Espiñeira deixamos unha manchea de bicos!!!


VIDEO NO DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Gran traballo levado a cabo no IES do Porto do Son para o día de loita contra a violencia de xénero:





jueves, 24 de noviembre de 2016

25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero

"A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humnaos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenvolvemento sostible.... Sae moi cara ás familias, as comunidades e as economías .... O mundo non se pode permitir pagar ese precio" - Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU. 







 PARA TRABALLAR NA AULA SOBRE ESTE TEMA CLICADE AQUÍ








PARA SABER MÁIS: WIKIPEDIA - ONU - EDUCANDO EN IGUALDAD -



domingo, 13 de noviembre de 2016

CAMPAÑA LIBROS POR QUILOS

CAMPAÑA LIBROS POR QUILOS 
 Do 14 de Novembro ao 9 de Decembro poremos na entrada do centro unha mesa na que calquer membro da comunidade educativa poderá escoller un libro a cambio dun quilo de: fariña, azucre, fabas, lentellas, garavanzos ou por unha conserva (atún, xardiñas). 
Os alimentos que se recollan serán entregados a cáritas (Ponte Caldelas). 

Grazas por colaborar na campaña LIBROS POR QUILOS.







lunes, 24 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O CEIP CANOSA-RUS creo este fantástico vídeo para celebrar o día das bibliotecas.
Agardo que vos guste.





Queredes coñecer a bibliotecarios famosos ao longo da historia?




E as bibliotecas máis fermosas?








24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O CEIP CANOSA-RUS creo este fantástico vídeo para celebrar o día das bibliotecas.
Agardo que vos guste.





Queredes coñecer a bibliotecarios famosos ao longo da historia?


jueves, 22 de septiembre de 2016

O CORPO HUMANO

Para saber máis sobre o corpo humano



A TERRA

O alumando de 3º está aprendendo moitas cousas sobre a terra aquí tedes un pouco de información


miércoles, 14 de septiembre de 2016

IV FESTIVAL DAS NÚBEBES - PONTEVEDRA

Comeza un novo curso e aquí vos deixo unha recomendación: 
Conta cun importante programa de actividades (algunhas delas de balde), e aínda que todas son moi interesantes (Teatro co grupo BAOBAB Teatro, guerra de almofadas, pasarrúas,...) vos transmito o consello que me deron de asistir ás charlas do pediatra Carlos González o sábado 24 ás 17 h. no Teatro Principal de Pontevedra, e o domíngo  ás 11 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este pediatra e escritor é autor de libros de gran éxito :
  • Mi niño no me come, 1999
  • Bésame mucho. Cómo criar a tus hijos con amor, 2003
  • Manual práctico de lactancia materna, 2004
  • Un regalo para toda la vida, guía de lactancia materna, 2007
  • Entre tu pediatra y tú, 2010
  • En defensa de las vacunas, 2011
  • Creciendo juntos, 2013


martes, 21 de junio de 2016

Igual que o curso, a obra "O Cataventos" chega ao seu final. Aqui redes o desenlace desta obra interpretada polos compañeiros e compañeiras de 6ºA. Esperamos que os guste e bo verán!

domingo, 19 de junio de 2016

Acercase o final da obra "O cataventos" que pasara? Non os perdades os últimos capítulos desta obra

sábado, 18 de junio de 2016

Otro episodio da obra " O cataventos" interpretada polos rapaces e rapazas de 6ºA. Esto ponse interesante...

viernes, 17 de junio de 2016

Un día mais unha nova entrega da obra "O Cataventos" interpretada polos compañeiros e compañeiras de 6ºA .Disfrutade!!

jueves, 16 de junio de 2016

Aquí tedes unha nova entrega da obra "O Cataventos" interpretada polos compañeiros e compañeiras de 6ºA .Disfrutade!!

miércoles, 15 de junio de 2016

Novo capitulo do Cataventos!

Os compañeiros e compañeiras de 6ºA nos traen unha nova entrega da radionovela "O Cataventos".Disfrutade!!

lunes, 30 de mayo de 2016

Nova entrega da radio!

Aqui tedes un novo capitulo da obra "O Cataventos" que esta interpretada polos rapaces e rapazas de 6ºA. Esperamos que os guste!!

viernes, 27 de mayo de 2016

CONCEPCIÓN ARENAL

O noso centro está situado na rúa Concepción Arenal de Ponte Caldelas. Pareceunos unha boa idea aprender algo máis sobre ela, e así o alumnado de 6º A do noso centro elaborou este vídeo no que vos tamén podedes coñecer algúns datos da súa biografía. Grazas ás "actrices" Silvia e Rebeca por colaborar nesta "tarefa".



jueves, 19 de mayo de 2016

DÍA DA POESÍA

Dende a aula de Audición e Linguaxe realizamos esta actividade de expresión oral, para a que utilizamos os materias elaborados polo alumnado para o DÍA DA POESÍA. Unha morea de poemas feitos utilizando pictogramas e cunha temática moi variada.
Agardamos que vos guste.



  
Poesías. from Departamento de orientación on Vimeo.

martes, 17 de mayo de 2016

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas homenaxeando a Manuel María:

No noso centro estamos a levar a cabo unha serie de actividades que rematarán a próxima semana, pero mentres aquí tedes recursos e vídeos en torno a figura do poeta.




  • No Seminario Galán tamén podedes topar moita información acerca do autor:
  • Traballo realizado no IES   Antón Losada Diéguez, A Estrada
















... E ASÍ CELEBRARON O DíA DO LIBRO O ALUMANDO E PROFESORADO DE ED. PRIMARIA




DIA DO LIBRO ED. PRIMARIA DVD from curicuxa on Vimeo.


lunes, 25 de abril de 2016

PADRIÑOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

Esta semana coincidindo coas celebracións do Día do Libro, os nenos de infantil recibiron a visita das súas madriñas e padriños lectores que viñeron cargadiños dun bo lote de contos clásicos xa que ao longo da semana serán estes contos o eixe do resto das actividades.
Agardamos que bos guste este breve resumo.


Padriños lectores abril from Departamento de orientación on Vimeo.

viernes, 22 de abril de 2016

jueves, 14 de abril de 2016

400 anos da morte de D. Miguel de Cervantes Saavedra

Este ano cúmplense os 400 anos da morte de Miguel de Cervantes Saavedra. É o escritor, en lingua castelá, máis coñecido e traducido a outras linguas. É o autor de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, ademáis doutras importantes obras como La Galatea, Novelas ejemplares,....

Aquí tedes unha serie de enlaces para aprender máis sobre a súa vida:


.
.



























miércoles, 13 de abril de 2016

Volve a CuriRadio!!

Un ano mais podemos disfrutar dunha nova edición da radio no blogue da biblioteca do cole. Este ano a obra titulase "O Cataventos" e esta interpretada polos rapaces e rapazas de 6ºA. Esperamos que os guste!!

domingo, 10 de abril de 2016

INCLUSION


Este vídeo foi realizado polo alumnado de 1º de BACH do IES das Barxas e con el nos explican dun xeito incriblemente sinxelo conceptos como Inclusión, segregación, exclusión,...
Con estas palabras nos explican o seu traballo.
"Con este traballo  intentamos explicar, de xeito sinxelo, conceptos claves que teñen que ver coa convivencia e co respecto ás persoas, a través das que teñen diversidade funcional, inmersas, xunto ás súas familias, nunha loita para que as administracións e a sociedade, en xeral, sexan quen de garantir a atención que faga efectivos os seus dereitos que, ao final, son os de tod@s.
Este é un proxecto dos Departamentos de música e inglés do IES As Barxas, e forma parte das actividades que desenvolvemos dentro do proxecto do Erasmus + SAFTAS, e foi presentado en Nápoles o 17 de marzo pasado".

GRAZAS POR ESTE TRABALLO

domingo, 3 de abril de 2016

2 de abril Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Si algo podemos dicir sobre o autismo e que non é unha enfermidade. Un neno ou unha nena autista ten unhas características específicas que as definen como persoas.
Coñecemos moi pouco sobre o autismo, as súas causas e características. O que sí sabemos é que non hai un só tipo de persoas autistas sinon que a diversidade e amplitude é moi grande, por iso na actualidade se fala de espectro autista. O cine contribuiu a coñecelo a través de películas como Rainman, pero desgraciadamente, estableceron uns patróns que non se dan necesariamente na realidade. Este documentai nos pode axudar a compreder algo máis sobre el. Clicando AQUI, podedes ver María y yo de RTVE








CANTA BICHERÍA

COMEZA O SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA 2016

Podedes consulta-la programación neste enlace:


Lembrade que o noso centro participa, como todos os anos, cunha fantástica montaxe dirixida pola profe de Mari Carmen.
Se visitades a exposición dos traballos dos colexios invitados non esquenzades votar polo mellor traballo, que desexo sexa o noso.


jueves, 17 de marzo de 2016

PADRIÑOS LECTORES MARZO

Este mes coincidindo cos festexos do día da poesía, as nosas madriñas e padriños lectores visitaron aos nenos e nenas de infantil para ler con eles algúns poemiñas e rimas.
Aquí podedes ver o atentos que estiveron!!!

               
                             Padriños lectores marzo from Departamento de orientación on Vimeo.

jueves, 10 de marzo de 2016

MULLERES SELADAS

Con retraso, pero aquí tedes este fantástico traballo do IES XOÁN MONTES sobre mulleres que aparen en selos de diferentes países, mulleres notables e sin embargo esquecidas. É un extraordinario traballo de documentación, que agradecemos comparta con todos.
Pero tamén con este título se xoga co doble sentido da palabra seladas. No seu significado propio de mulleres ás que se lles puxo un selo na súa boca para que non falasen, que non denunciasen a súa situación.

Neste mapa podedes ver os países nos que aparecen o selo e si clicades nas figuras veredes datos da súa biografía e a imaxe do selo.




Neste outro traballo do IES Monte das Moas podedes ver a biografía de mulleres do noso país que tamén destacan nos seus campos. Grazas por compartir este traballo.

miércoles, 9 de marzo de 2016

FINA CASALDERREY ESTIVO CONNOSCO

Fina Casalderrey estivo connosco para entregar os premios do concurso sobre a súa obra. Esta actividade contou coa participación de moito alumnado do centro. Aprendimos moitas cousas sobre a súa obra, e sobre esta extraordinaria mestra e escritora.
Grazas profe Margarita Fontán por organizar esta actividade.


domingo, 21 de febrero de 2016

WEBS PARA APRENDER MÁIS SOBRE A ARTE PREHISTÓRICA

O "ESPACIO DE PENSAMENTO E INNOVACIÓN EDUCATIVO" ENIAC , ven de publicar un artigo no que nos amosa unha serie de webs que nos axuda a investigar sobre a arte prehistórica.

Agardo que sexan de utilidade.


miércoles, 17 de febrero de 2016

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

AQUÍ TEDES UN RESUMO DA VISITA DAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES COINCIDINDO ESTE MES COA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO.
MIRADE QUE ATENTOS ESTÁN OS MÁIS PEQUENOS!!!!

                     

lunes, 1 de febrero de 2016

PADRIÑOS LECTORES DA PAZ

Como cada mes aquí vos deixamos un breve resumo da visita das nosas madriñas e padriños lectores. Os máis pequenos do cole pasaron un anaco moi divertido escoitando un montón de contos e historias.
Velaí vos vai!!


padriños lectores xaneiro from Departamento de orientación on Vimeo.

sábado, 23 de enero de 2016

DIA DA PAZ

O alumnado de 6º A e B elaborou estes vídeos nos que nos falan de persoas que deixaron a súa pegada na historia. Algúns deles como Teresa de Calcuta ou Gandhi adicaron a súa vida aos demáis ou a causa da paz, pero outros como Julio Verne ou Saint-Exupéry fixéronnos soñar con mundos mellores ou abriron as nosas conciencias a outras culturas e países, ou alertáronnos do perigo das armas e as guerras. Millóns de persoas no mundo están traballando pola paz de xeito anónimo, simplemento cun sorriso, cunha palabra agradable ou axudando a alguén que o precise, estamos traballando pola paz.

martes, 12 de enero de 2016

OUTRA CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ....

Esta canción nos transmite unha mensaxe de "esperanza" e convivencia. Ideal para o día da paz.
Parece ideal para facer un lipdub.


 

Tamén podemos escoitar a canción "Campás pola paz" do grupo Migallas ou "World is a rainbow". 

sábado, 9 de enero de 2016

PENSANDO NO DÍA DA PAZ

De cara ao día da paz  lembremos a importancia de TER ALGUÉN NO NOSO CORAZÓN.