miércoles, 13 de diciembre de 2023

NADAL 2023: O APALPADOR

 

Aquí vos deixamos RECURSOS para traballar nestes días de NADAL 
 
 

Se premedes na imaxe, podedes acceder a diferentes modelos de cartas para enviarlle ao Apalpador. 

Queredes escoitar panxoliñas en galego? Pois aquí vos deixo unha lista cunha chea delas.  

 

 Nesta páxinas  podedes atopar máis recursos sobre o Apalpador

A orixe da lenda do Apalpador.



lunes, 4 de diciembre de 2023

BIBLIOTECAS DE AULA PREPARADAS, LISTAS... XA!!!

 Arrincamos o día das Bibliotecas comenzado a decoración  con motivos do PDI "PARA OLÍMPICXS, NÓS", e así de marabillosas quedaron. Curicuxa sempre pasa a visitalas, e sorpréndese da creatividade, imaxinación e traballo ben feito do noso alumnado e profesorado. 

Queremos compartir o resultado con toda a comunidade educativa, e aquí vos deixamos o vídeo que preparamos. 

 Agardamos que vos guste. 

 


domingo, 3 de diciembre de 2023

DÍA 3 DE DECEMBRO: Día Internacional das Persoas con Discapacidade


 

O 3 de decembro é o Día internacional das persoas con discapacidade. Xa hai camiño recorrido dende que en 1962 Ed Roberts foi quen de matricularse na Universidade de California (Berkley) e iniciou a súa loita por acadar unha vida independente para as persoas con discapacidade. Trinta anos despois (en 1992) a Asamblea xeral de Nacións Unidas recoñecía o 3 de decembro como o Día internacional das persoas con discapacidade.  

Pero aínda queda camiño por recorrer. Aínda existen desafíos e barreiras que as persoas con discapacidade afrontan todos os días. A inclusión, a participación e a cooperación son fundamentais para non deixar a ninguén atrás.


Aquí vos deixamos algúns vídeos de animación, na que nos ofrecen diferentes historias de inclusión e superación. 

"Mi hermano Luca"

 

 "Por cuatro esquinitas de nada"

 

  

 "El cazo de Lorenzo"

 

 

"Cuerdas"

  

 "Tamara"

 

Ademais das curtametraxes, queremos compartir algo de música con vós. 

  

Esta canción gústanos moito para a "Hora de ler", e estamos aprendendo a signar a parte do retrouxo. 


jueves, 23 de noviembre de 2023

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración da data na que foron asasinadas, en 1960,as tres irmás *Mirabal \(Patria, *Minerva e María Teresa\), na República Dominicana.

Este ano no colexio decidimos unirnos ao proxecto "Zapatos vermellos",da artista mexicana Elina Chauvet. O venres 24 de novembro encheremos a praza da nosa vila de zapatillas deportivas vermellas co lema é "A nosa meta é cero vítimas", relacionando a conmemoración coa temática do noso PDI.

 

 
 

 
 
 
 
Aquí podedes atopar algún material e recursos para traballar na aula. 
 
Vídeo do conto  

Curtametraxe "No es normal".

a






lunes, 20 de noviembre de 2023

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

No Día Mundial da Infancia celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Cando se celebra o Día Mundial da Infancia?

Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que o asinaron.

O obxectivo do Día do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Que se celebra?

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día a fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Mundial da Infancia en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Para que serve o Día Mundial da Infancia?

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nazan.

Dedicar un día mundial á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que as nenos e nenos teñan un futuro mellor.

(Web de UNICEF)

 

lunes, 6 de noviembre de 2023

O MAGOSTO NO COLE


 Chega o magosto, unha festa tradicional da nosa terra, que ten unha protagonista "estrela"... a castaña!

Celebrámolo no outono, e este ano teremos no cole moitas actividades, xogos, cantigas, poemas, adiviñas, e moito máis, para coñecer mellor esta festa, e tamen para vivila coas compañeiras, compañeiros e o profesorado. 

Asaremos castañas, e teremos a dúas castañeiras moi especiais que virán repartilas entre o alumnado. Será unha sorpresa!

Ímolo pasar moi, moi ben!


RECURSOS PARA O MAGOSTO

Se premedes na seguinte imaxe teredes acceso a un cartafol compartido con recursos e materiais para traballar no Magosto.




martes, 24 de octubre de 2023

Dia das Bibliotecas

Ligazón con Bibliotecas Escolares de Galicia

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. Este ano o lema é "Tecendo comunidade".  Dende o noso colexio queremos colaborar no tecido de redes entre familias, nenas e nenos, mestras e mestres, e outras persoas da comunidade educativa, e por iso comezamos a abrir a nosa Biblioteca polas tardes, durante as gardas do profesorado. 

Agardamos que sexades moitas as persoas que visitedes a nosa Biblioteca, un espazo cheo de historias, aventuras, emocións, coñecemento e ilusión, no que os soños medran da man da nosa mascota, Curicuxa. 

 

 

 


ÚLTIMA HORA: Curicuxa abre a Biblio polas tardes!!


 

jueves, 19 de octubre de 2023

XA ESTAMOS EN MARCHA CO NOSO PDI

Polos corredores do noso colexio xa podemos ver algúns  libros relacionados co PDI deste ano: "ParaOlímpicxs, nós".

 Curicuxa, a nosa mascota da Biblio, puxo o cole patas para arriba este verán, porque estivo á procura de canto libro, conto, revista podía atopar, que tiveran relación co mundo do deporte.

Tamén aproveitou as vacacións para visitar librarías da contorna buscando novos títulos para traer á escola. Mercou algúns exemplares  que en breve ocuparán o seu sitio nos estantes do corredor, que aínda locen un pouquiño baleiros.  

Así que xa sabedes... agora tócavos a vós abrir eses libros e enchouparvos de aventuras deportivas, percorrer as cidades olímpicas e parolímpicas, coñecer as mascotas dos Xogos,  entrenar o voso cerebro coa lectura e moito máis!! 

E  de seguro que Curicuxa Olímpica vai traer algunha sorpresiña!



 

 

O SAMAÍN : CONTOS, TRADICIÓNS E MÚSICA

O SAMAÍN está a chegar!  UUUUUhhhh!!!

Xa temos o noso recanto de "Lecturas terroríficas de outono" , con títulos nos que podemos atopar vampiros, bruxas, esqueletos e monstros.  Animádevos e levádeos para clase!

"Ler historias de medo permítelles ás crianzas explorar e comprender as súas propias reaccións de medo nun entorno no que poden controlar ao seu ritmo.  Isto resulta moi importante para  que sintan que controlan a situación e para que a lectura sexa  unha experiencia divertida e gratificante."




 

 

Nestas ligazóns podedes atopar material sobre o Samaín.
 






domingo, 8 de octubre de 2023

BENVIDXS AO NOVO CURSO

 Comezamos este curso con moita ilusión, desexando reencontrarnos coas nosas compañeiras e compañeiros para compartir sorrisos e xogos, nas aulas e nos patios.

Este curso Curicuxa preparounos unha sorpresa: adicaremos o PDI aos xogos (Para)Olímpicos!!  Hai xa catro anos non puidemos rematar este proxecto por mor da pandemia, así que este ano ímolo retomar con moitísimas ganas. Cambiamos Tokio por París, pero seguimos co mesmo espíritu deportivo, dispostxs a ser expertas e expertos neste tema tan interesante.

O lema é "ParaOlímpicxs, nós!"  A que vos gusta moito?  Ademais, Curicuxa agasallounos cunha medalla olímpica coa imaxe que vedes aquí enriba. Chulísima!!

Pois  deste xeito tan deportivo comezamos, saíndo cara a meta que nos conducirá  a novas aventuras. 

Irémosvolas contando.








domingo, 14 de mayo de 2023

15 de maio: DÍA DAS FAMILIAS

 Tódalas nenas e nenos teñen dereito a medrar en familia. Hoxe en día nas nosas aulas contamos cunha diversidade familiar moi ampla: familias tradicionais, monoparentais, homoparentais, adoptivas, acolledoras, reconstituídas, etc.  E temos a responsabilidade de darlles cabida a todas e facer que o noso alumnado se sinta incluído, independentemente do modelo familiar ao que pertenzan.


O día internacional da familia xorde da conmemoración do ano internacional da familia, que foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1994.

No noso cole adicamos adicamos este mes ás familias, e contamos coa súa colaboración para realizar diferentes actividades con elas. 

Aquí tedes as actividades da vindeira semana.

Grazas, familias!!


Aquí vos deixamos algúns contos coas familias como protagonistas.





 E aquí tedes un fermoso conto para escoitar : "A MELLOR FAMILIA DO MUNDO". 



sábado, 6 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

.
Este ano o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas é o escritor Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego, escritor galego e cofundador da editorial Galaxia foi presidente da Real Academia Galega. 
Debemos agradecerlle que se celebre o Día das Letras Galegas, xa que foi quen promoveu esta idea, ademais de traer a lingua galega ás nosas aulas.

Aquí tedes algunhas páxinas nas que atoparedes a vida e obra do autor.


(Fai clic na imaxe)


Para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñennos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida. Animámosvos a lela e a representala na aula, se vos presta. Vaivos tocar berrar, cantar, bailar...Que mellor maneira de celebrar?

(Fai clic na imaxe)



lunes, 24 de abril de 2023

23 de abril: día do LIBRO

O 23 de abril celébrase o DÍA DO LIBRO. 

O motivo polo que se elexiu esta data foi porque ese mesmo día  no ano 1616  morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Foi a UNESCO  a que elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e ás autoras e autores.

 

 

 

No cole organizamos varias actividades para conmemorar esta data tan importante.

 

Puxemos en marcha a nosa Bibliotecas sobre rodas no patio. 
Visitounos "El Hematocrítico"

Fomos visitar a Biblioteca Municipal
 Víctor Rivas agasallounos cun obradoiro de ilustración


 

 

lunes, 6 de marzo de 2023

8m DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Achégase o 8 de marzo, o Día da Muller, e aquí tedes a Curicuxa para propoñervos actividades para celebralo.  

Ben sabemos que,  como en tódalas conmemoracións importantes, non soamente hai que traballar ese día, senon tódolos días do ano. E nós así o facemos no colexio, cada día aprendemos a a respectarnos, querernos, axudarnos, para de maiores ser unhas boas persoas. 


Pero como a Curicuxa lle gusta moito celebrar, aquí vos deixamos algunhas actividades moi interesantes para seguir traballando de cara a igualdade. Agardamos que o pasedes ben!

 Esta é a proposta que ten Curicuxa para facer nestes días, xa que o noso PDI é sobre o cine, que mellor que ver algunha película con mulleres como protagonistas?? 





 RECURSOS EN GALEGO  PARA TRABALLAR NA AULA

 AQUÍ podedes descargar material para Infantil e Primaria . 

AQUÍ podedes descargar unha unidade didáctica para Primaria.

 

CONTOS DE IGUALDADE EN PAPEL

Este é o noso recuncho de lecturas pola igualdade. Dá gusto moverse polos corredores do cole e atopar estes espazos cheos de vida, de aventuras, de historias que nos fan imaxinar e que tamén nos axudan a medrar.

CONTOS PARA VER E ESCOITAR

  

  

VÍDEOS PARA ENTENDER MELLOR POR QUE SE CELEBRA ESTE DÍA.



miércoles, 22 de febrero de 2023

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 


O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, para homenaxear a nosa escritora e poeta galega.  Rosalía naceu neste día, no ano 1837.  A publicación dunha das súas obras máis coñecidas, Cantares galegos (1863), tamén marcou a data da celebración dun día moi importante para a nosa lingua. Sabes cal é? 

Pois si! O 17 de maio, Día das Letras Galegas. 

Aquí vos deixamos algunhas actividades para que poidades lembrar a Rosalía,  e gozar cos seus poemas. 

 

BIOGRAFÍA

Podedes coñecer a biografía da nosa escritora neste vídeo realizado polo alumnado do CEIP  Juan Rey

 

ACTIVIDADES EN PAPEL 

Aquí podedes acceder a UNIDADES DIDÁCTICAS en formato PDF para imprimir.

EDUCACIÓN INFANTIL

1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN INFANTIL

 PASATEMPOS ROSALIANOS      (5º e 6º)

 

 ACTIVIDADES INTERACTIVAS

GENIALLYS CON ACTIVIDADES SOBRE A VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO

 
 
 
 
POEMAS MUSICADOS
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                           
   CANCION CON PICTOGRAMAS "ADIOS RÍOS, ADIÓS FONTES       CANCIÓN CON LINGUAXE DE SIGNOS "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"    CANCIÓN DE UXÍA "ROSALÍA PEQUENIÑA"

martes, 14 de febrero de 2023

11 DE FEBREIRO: DÍA DA NENA NA CIENCIA

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para lograr o acceso e a participación na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
 
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son obxectivos que a nosa biblioteca escolar está a traballar, a través de diferentes actividades que se impulsan dende a mesma. 

Animávosvos a que investiguedes, e a que nunca perdades a curiosidade xa que é o principal motor da vosa aprendizaxe. 


Curicuxa quérevos presentar a Sara García Alonso, unha bióloga molecular, que foi a primeira muller española candidata a astronauta na Axencia Espacial Europea. Fai clic na súa imaxe para saber algo máis. 


jueves, 2 de febrero de 2023

LEMBRANZAS DO NADAL 2022

Aquí vos deixamos algunhas imaxes das actividades realizadas no mes de decembro e tamén da  nosa celebración do Nadal

Agardamos que vos gusten

NO CORDO BOULLOSA CELEBRAMOS de Chus Vázquez