martes, 26 de agosto de 2014

NOVA PÁXINA DE XOGOS EDUCATIVOS

Acaba de aparecer, ou polo menos acabo de descubrila, unha páxina de xogos educativos chamada "mundoprimaria.com"

http://www.mundoprimaria.com/

A LECTURA EN FAMILIA DENDE A INFANCIA

Neste enlace (CLICADE AQUI) podedes atopar un interesantísimo artigo sobre a importancia da lectura durante a infancia, xa que facilita a adquisición da linguaxe, estimula as áreas cognitivas e psico-afectivas do cerebro,.... A lectura en familia e compartida ademáis axuda a establecer hábitos e vínculos importantes.


miércoles, 6 de agosto de 2014

A SENDA DO TEMPO


Preséntovos unha curta documental feita integramente por alumnado de 10 e 11 anos do CEIP Doutor Suarez de Fornelos de Montes que versa sobre a "Senda da Fraga do Río Barragán", un paraíso natural que vos convido a visitar, se aínda é que non a coñecedes. Todo: idea, guión, planificación, rodaxe e montaxe foi realizado polo alumnado. Verdadeiro traballo por competencias!
 

KIKO DA SILVA PREMIADO

 
 
O IX Premio de Banda Deseñada Castelao que anualmente convoca a Deputación da Coruña, foi para Kiko da Silva pola obra O infernodo debuxante.

O xurado do certame, formado por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e CarlosPortela, valorou especialmente o traballo de Kiko da Silva entre os 13 orixinais presentados, o que supón un récord de participación nesta convocatoria.
O relato ideado por Kiko Da Silva conta a historia de Manuel Pardo, un debuxante que nunca é quen de publicar ningunha das súas creacións porque sempre se atopa con que algunha outra persoa xa o fixera antes.
Kiko, autor da mil e unha propostas arredor da banda deseñada e o humor merece este e mil premios máis!