miércoles, 6 de agosto de 2014

KIKO DA SILVA PREMIADO

 
 
O IX Premio de Banda Deseñada Castelao que anualmente convoca a Deputación da Coruña, foi para Kiko da Silva pola obra O infernodo debuxante.

O xurado do certame, formado por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e CarlosPortela, valorou especialmente o traballo de Kiko da Silva entre os 13 orixinais presentados, o que supón un récord de participación nesta convocatoria.
O relato ideado por Kiko Da Silva conta a historia de Manuel Pardo, un debuxante que nunca é quen de publicar ningunha das súas creacións porque sempre se atopa con que algunha outra persoa xa o fixera antes.
Kiko, autor da mil e unha propostas arredor da banda deseñada e o humor merece este e mil premios máis!