sábado, 31 de octubre de 2020

PADRIÑOS LECTORES EN SAMAÍN

 Como cada ano os máis pequerrechos do cole teñen a visita dos seus padriños e madriñas lectoras cos que pasan un tempiño moi divertido escoitando as historias que lles traen!!!

Este ano aquí están de novo, con novidades evidentes pero coas mesmas ganas!!! Veredes que atentos estiveron os nenos e nenas de 6º de infantil mentres escoitaban as historias de bruxas, vasoiras e encantamentos que narraban os rapaces e rapazas de 4º.



viernes, 30 de octubre de 2020

Exposición cabazas Samaín 2020

Un ano máis dende o CEIP Manuel Cordo Boullosa celebramos o Samaín por todo o alto.
Unha das actividades propostas foi a creación dunha exposición virtual coas fotos das cabazas que nos foron enviando as nenas e os nenos do centro.
Agardamos que vos guste!!!


 

domingo, 25 de octubre de 2020

Samaín 2020

 Curicuxa e os seus amigos xa están preparando o Samaín!!!

E convídanvos a celebralo tamén organizando unha exposición de cabazas terroríficas.
Como podedes participar?

1. Decorade as vosas cabazas de forma orixinal e arrepiante.

2. Sacade unha foto da vosa cabaza na que tamén se vos vexa a cada un de vós.

3. Enviade a vosa foto ao correo de Curicuxa: curicuxa@gmail.com
 (prazo: ata o mércores 28 de outubro inclusive)

4. Faremos unha exposición virtual no blogue con todas as fotografías recibidas.

Animádevos a participar!!!



sábado, 24 de octubre de 2020

24 de outubro. Día das Bibliotecas Escolares.


 Hoxe, 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares
"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

Desde o CEIP Manuel Cordo Boullosa queremos celebralo con toda a comunidade escolar e para iso creamos un póster con códigos QR para que poidades acceder aos contidos cos vosos dispositivos móbiles.

Levamos días traballando dende o "cole" para achegar a Biblioteca a todos os fogares. 

Agardamos que vos guste e que disfrutedes deste día!!