lunes, 28 de noviembre de 2022

ASÍ LOCEN AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA

 O dia 24 de outubro celebrábase o Día das Bibliotecas, e nós para conmemorar esta data decidímos darlle unha volta ás nosas bibliotecas de aula e relacionalas coa temática do PDI deste ano "Un cole de película" Así de curiosas, fermosas e xeitosas quedaron, que vos parecen???



martes, 22 de noviembre de 2022

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: O BO TRATO ESTÁ NAS NOSAS MANS

O vindeiro 25N celebraremos do Día contra a Violencia de Xénero, no que desenvolveremos diferentes actividades. As nenas e nenos do 3º Ciclo contaránlle o conto de "Pepuka e o monstro que levou o seu sorriso" ao resto do alumnado, en cada clase traballaranse ademais outros títulos, que xirarán arredor da igualdade, o respecto e o bo trato. Ao longo da mañá, soarán distintos temas musicais, entre eles "A porta violeta" de Rozalén, que xa é un himno en contra do maltrato. Deixaremos un fermoso mural de mans violetas nas paredes da casiña do patio de infantil, co lema deste ano: "O bo trato está nas nosas mans". 

E non debemos esquecer que a mellor vacina contra a violencia de xénero é a educación. 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA COMBATER A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


 

 

 

Aquí tedes a canción "La puerta violeta" de Rozalén. 




"A porta violeta" en versión galego.


O conto de "Peúgo, o calcetín melenudo".

Un interesante vídeo, que nos fai ver que o maltrato e a violencia de xénero non son condutas que poidamos normalizar.  

Neste outro vídeo podedes ver un experimento que se fixo con nenas e nenos sobre este tema.

lunes, 21 de noviembre de 2022

20N: DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

 

O 20 de novembro celebramos o Día Internacional da Infancia. Esta data lémbranos que debemos seguir loitando porque tódalas nenas e nenos poidades medrar gozando dos vosos dereitos. 

Para coñecer a orixe desta conmemoración, e tamén para saber cales son os dereitos da infancia, non deixedes de ver estes vídeos.

 

 

sábado, 5 de noviembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Neste mes celebramos O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, e dende a Biblioteca do Cordo queremos compartir con vós unha chea de actividades, recursos e materiais que promoven achegarnos ao mundo científico dun xeito lúdico e divertido. 



O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.




Aquí tedes actividades que se desenvolverán na Biblioteca Pública de Pontevedra. Animádevos a ir coas vosas familias!





E non podían faltar estas interesantes lecturas para que vos mergulledes no mundo da CIENCIA. Ide a Biblioteca e buscade os títulos que máis vos gusten.