viernes, 30 de noviembre de 2012

SEMANA DOS DOCUMENTAIS: A AUGA

Ao longo desta semana o alumando do noso centro participou na "semana dos documentais". Neste trimestre adicámola á auga.
Aproveitamos tamén para ver os traballos realizados en diferentes centros ou propostos por eles sobre a loita contra a violencia de xénero.
Algúns dos documentais podédelos ver nas seguintes direccións:


lunes, 26 de noviembre de 2012

OUTRAS FORMAS DE VIOLENCIA

Hai outras formas de violencia contra as mulleres ás que debemos prestar atención. A empresa de cosméticos que comercializa DOVE publicou este anuncio no que nos advirte da sutil forma de violencia que supón o sometemento a uns patróns de beleza.


 Ou este outro:




DEBEMOS CAMBIAR
AUTOVALORACIÓN E RESPETO SON PALABRAS CUN SIGNIFICADO;


domingo, 25 de noviembre de 2012

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de Novembro lembramos a importancia de loitar contra a violencia de xénero todo o ano.
Centros educativos  de toda Galicia como o CEIP DE FRIAN TEIS  ou  blogues de Bibliotecas escolares como TRAFEGANDO RONSEIS  colaboran contra esta lacra da nosa sociedad. GRAZAS POLOS VOSOS TRABALLOS.
Aquí podedes ver algús traballos:


jueves, 22 de noviembre de 2012

OS MAMÍFEROS

As nenas e nenos de 2º fixemos este mural sobre os mamíferos:



 E fixémolos así:




domingo, 11 de noviembre de 2012

O MAGOSTO



O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose, xunto co SAMAIN nas festas do outono por excelencia, e a ela, ademais das castañas tamén se incorporan diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.

Celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tiznarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban.
A CASTAÑA