miércoles, 28 de octubre de 2015

PADRIÑOS LECTORES DO SAMAÍN

Esta semana chegaron as madriñas e padriños lectores por primeira vez neste novo curso, para contarlles aos pequenos do cole os contos máis terroríficos nesta semana de festexos do samaín.
Aquí vos vai un pequeno resumo.


martes, 27 de octubre de 2015

CHEGA O SAMAÍN E O HALLOWEEN

Un ano máis imos celebrar o Samaín e o Halloween, que é como lle chaman nos Estados Unidos de América. Para saber máis sobre el podedes buscar información clicando nos seguintes enlaces:
- RECURSOS PARA O SAMAÍN. Páxina elaborada por Dna. Mª Asunción García Álvarez.
Coma en anos anteriores imos levar a cabo moitas actividades no noso centro en relación con esta data:
exposición coas "arrepiantes" cabazas, sesión de contacontos, visionado dun vídeo elaborado polo alumnado de 6º de E. Primaria,.....
Pero mentres aquí tedes algúns vídeos para ir meténdonos no papel....






viernes, 16 de octubre de 2015

20 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O martes 20 de outubro celebramos o día das bibliotecas. Por este motivo terá lugar un acto na Biblioteca municipal de Ponte Caldelas para celebralo. Acudide todos.


martes, 6 de octubre de 2015

O NOSO PROXECTO DESTE ANO: A PREHISTORIA

As nenas e nenos de Ed Infantil do noso colexio púxolle voz a un fantástico conto que nos narra as aventuras dun neno na prehistoria, "Croniñón", do autor Michel Gay e da editorial Corimbo.
Con el aprenderemos a importancia das pinturas rupestres.
Agardo que vos guste.


sábado, 3 de octubre de 2015

UNHA FERMOSA CURTA DE ANIMACIÓN BASEADA NUN ÁLBUM


O peixe que sorría de Jimmy Liao. Un álbum que dá lugar a un audiovisual.
Unha curta de animación realizada en Taiwan que gañou un premio especial no festival de Berlin de 2006. Os directores son Ay Shih, Alan I. Tuan e Poliang Lin, e a música é de Chien-Ci Chen.
Unha nova historia que viaxa do papel á animación. 
Disfrutade desta fermosa historia de amizade entre un home e un peixe, pero que no fondo convídanos á convivencia en respeto e liberdade entre tódolos seres vivos.

jueves, 1 de octubre de 2015

75 ANOS DE VOTO FEMININO


Hoxe cúmplese o 75 aniversario do recoñecemento ao voto da muller. Aínda que pode parecer moito tempo, realmente é moi pouco, especialmente si o comparamos co recoñecemento deste dereito noutros países . Non pode haber xustiza sen igualdade nin liberdade. E estes dereitos non serían máis que palabras baleiras si non son respectados por homes e mulleres.

 Debémoslle moito a Clara Campoamor, xa que foi ela a gran defensora de manter o principio de igualdade no dereito ao voto. Enfrentouse a políticOs de todos os partidos incluso a unha das tres diputadas que nese momento estaban nas Cortes (Victoria Kent).