domingo, 31 de marzo de 2013

DIA DA ÁRBORE E DÍA DA POESÍA

DIA DA ÁRBORE E DÍA DA POESÍA

Para celebrar o "Día da árbore" e o "Día da poesía" elaboramos uns poemas e escribímolos en flores que colgamos na nosa árbore da biblioteca. Grazas a todos por participar nesta actividade.


miércoles, 27 de marzo de 2013

LENDO A ROSALÍA DE CASTRO

Perdón pola tardanza. Así celebramos os 150 anos de "Cantares Galegos" na nosa escola.
Grazas a todos por participar, especialmente ás nais que viñeron a compartir cos seus fillos e fillas esta actividade na que tamén participaron.  



jueves, 14 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA


Este ano celebramos a semana da prensa con dúas actividades: Unha exposición sobre todo o que podemos facer cun xornal despois de lelo e un coloquio cun grupo de xornalistas de diferentes medios.
No primeiro dos casos o resultado foi impresionante polo traballo e creatividade. Agradecer ás familias polo interese amosado e a resposta a esta actividade. Aqui podedes ver algúns:

TODO O QUE PODEMOS FACER CUN XORNAL DESPOIS DE LELO on PhotoPeach


Agradecer a presenza de Gonzalo García (reporteiro gráfico), Meli Fandiño (xornalista, locutora de radio e presentadora de televisión) e Antón Xil (xornalista en medios escritos e dixitais vinculado á dirección dos mesmos) no noso centro para aportarnos unha visión máis directa da función da prensa na nosa sociedade.

ENCONTRO CON XORNALISTAS NA SEMANA DA PRENSA on PhotoPeach

domingo, 3 de marzo de 2013

Stéphane Hessel

O 27 de febreiro morreu Stéphane Hessel. No cumio dos noventa anos conseguiu que o seu nome fora coñecido por mozos e mozas de todo o mundo. A súa voz chegou a todos a través dun pequeno libro que baixo o título de INDIGNÁDEVOS! aportábanos as reflexións dunha longa vida, rica en experiencias e loita pola democracia e o ben común. Acompañouno José Luís Sampedro no prólogo da versión en castelán e Manuel Rivas á edición en galego da man de Kalandraka. Xente, tamén de ben. Foi unha lección, esa derradeira lección do mestre da que falaba Castelao, tendendo a man ás xeracións novas cando semellaba que ninguén se atrevía a facelo ou non tiña o valor moral de enfrontalo. Por iso compre lembralo, a el, a Sábato... e desexarlle longa vida a José Luís Sampedro (outro imprescindible). 
De paso, é importante ter en conta o valor do texto corto que dun xeito moi ameno ábrenos a novas experiencias.  Lembrade que na nosa biblioteca contamos cun exemplar para todo/a aquel/a que queira lelo.