lunes, 16 de mayo de 2022

CHEGARON OS VÍDEOS DO COLE DA REIGOSA!!!

Xa chegaron!!! Xa están aquí os vídeos que nos mandaron as nenas e nenos do cole da Reigosa. Esta semana poderemos velos no cole e seguir coñecendo a Florencio Delgado, e tamén moitas outras cousas interesantes sobre o Día das Letras Galegas.
Seguro que o imos pasar xenial!!!



EDUCACIÓN INFANTIL


   


 1º CICLO





    


2º CICLO



   


 3º CICLO



 

domingo, 15 de mayo de 2022

COMPARTIMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO ALUMNADO DO CEIP DA REIGOSA





Este curso a nosa mascota Curicuxa púxose en contacto con Pegañoso, a mascota do cole da Reigosa, para que poideramos coñecernos e traballar xunt@s, nenas, nenos e profesorado dos dous colexios, e celebrar o Día das Letras Galegas. 

Así foi como nos propuxo que, entre os equipos de Biblioteca e Dinamización, xunto coa colaboración do resto do profesorado e alumnado, prepararamos uns vídeos sobre o autor, Florencio Delgado, para compartir esta conmemoración.

Do mesmo xeito, Pegañoso fixo a mesma proposta no cole da Reigosa, e pronto recibiremos os seus vídeos para poder traballar a vida e a obra do autor, a través de concursos, xogos, cancións e bailes... e quen sabe se haberá máis sorpresas!!

Agardamos que para o vindeiro ano poidamos facelo dun xeito persoal, sen pantallas polo medio, e poidamos compartir experiencias e xogos nunha fantástica xornada de convivencia.

De momento, aquí vos deixamos os vídeos que elaboramos. Agardamos que no CEIP de A Reigosa o pasen tan ben como o pasamos nós facéndoos. 

Non volos perdades!


3º CICLO
   

 2º CICLO
 


1º CICLO



INFANTIL

martes, 3 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Para celebrar o Día das Letras Galegas a nosa mascota Curicuxa estivo buscando pola rede actividades divertidas para que as nenas e nenos do Cordo poidades coñecer moi ben ao autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán.

Se fas clic na imaxe atoparás unha manchea de atividades da páxina de Seminario Galán. Hai actividades para facer en liña e outras en papel. Botádelle unha ollada!  








Se queredes coñecer a biografía de Florencio Delgado, non perdades este vídeo!!




Aquí tedes outro vídeo elaborado por TikTak Draw co guión do  EDNL e  coas voces do alumnado de 6º do CEIP Plurilingüe de Seixalbo, Ourense.